Novas
TEATRO, MÚSICA E CINE MESTÚRANSE NESTE ESPECTÁCULO, DO QUE SE OFRECEN DÚAS FUNCIÓNS DE ESTREA O SÁBADO 28, ÁS 20.30 HORAS, E O DOMINGO 29, ÁS 18.00
[26/04/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago o debut escénico da compañía O Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira, con dúas funcións de estrea do seu espectáculo
Sesión Nº 1 que terán lugar o sábado 28 ás 20.30 horas e o domingo 29 ás 18.00 horas.
A VIOLINISTA BEGOÑA RIOBÓ PRESENTA ESTE XOVES EN SANTIAGO O DISCO DE DEBUT DO SEU PROXECTO MUSICAL, NO QUE CONVIVEN AS RAÍCES CULTURAIS MÁIS PURAS CON FÓRMULAS ACTUAIS
[24/04/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organiza no Salón Teatro de Santiago o ciclo de concertos "ST Música Presente", dentro do que este xoves 26 de abril, ás 21.00 horas, actúa o grupo galego de folk Riobó para presentar os temas do seu debut discográfico homónimo, editado polo selo Zouma Records.
XESÚS VÁZQUEZ ABAD GABOU A SÚA TRAXECTORIA PROFESIONAL E ASEGUROU QUE TERÁ A TAREFA DE "IDEAR UNHA PROGRAMACIÓN ESCÉNICA DE CALIDADE, PLURAL E PARA TODOS OS PÚBLICOS"
[19/04/2012] O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou hoxe a Manuel Guede Oliva como novo director do Centro Dramático Galego. O conselleiro asegurou que o novo director é "unha persoa do teatro galego, un profesional reputado das artes escénicas e un experto xestor cultural".
QUICO CADAVAL DIRIXE ESTA PEZA DE TEATRO DE MARTIN MCDONAGH PROTAGONIZADA POR EVARISTO CALVO, VÍCTOR MOSQUEIRA, MARÍA LADO E MARCOS CORREA
[19/04/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presenta esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago tres funcións de
Oeste Solitario, a última creación da compañía Producións Teatráis Excéntricas, que conta coa dirección escénica de Quico Cadaval. A peza, gañadora de tres premios María Casares 2012 e finalista aos Premios Max de Artes Escénicas na categoría de Mellor Espectáculo Revelación, poderá verse no escenario do Centro Dramático Galego (CDG) este venres 20 e sábado 21 ás 20.30 horas; así como o domingo 22 ás 18.00 horas.
IMPARTICO POLO AUTOR E INTÉRPRETE ITALIANO MASSIMO MALUCELLI, ABORDARÁ DE XEITO PRÁCTICO A XESTUALIDADE E O COMPORTAMENTO DOS PERSONAXES ARQUETIPOS DO XÉNERO
[08/04/2012] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolve esta semana a través do Centro Dramático Galego (CDG) o curso titulado
A commedia dell’arte e as técnicas da comedia que o autor, actor e director italiano Massimo Malucelli impartirá no Salón Teatro. Do martes 10 ao xoves 13 de abril, un total de 15 actores e actrices galegos participarán como alumnos nesta iniciativa formativa, que gozou dunha exitosa acollida entre os profesionais aos que vai destinada, como se demostrou cando a totalidade de prazas ofertadas se cubriron no mesmo momento de apertura da matrícula o pasado 5 de marzo.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
| 117 |
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes