Novas
A MONTAXE, CON DIRECCIÓN E DRAMATURXIA DE ROBERTO SALGUEIRO, PODERÁ VERSE O VENRES 3 E O SÁBADO 4 ÁS 20.30 HORAS
[01/02/2012] A compañía Talía ofrece no Salón Teatro de Santiago dúas funcións de
Volpone ou comedia de Mosca, que terán lugar o venres 3 mailo sábado 4 ás 20.30 horas. Realizada baixo a dramaturxia e dirección escénica de Roberto Salgueiro a partir do clásico do dramaturgo británico Ben Jonson, a peza constitúe unha mordaz sátira da debilidade humana e de ata onde nos poden facer chegar as ansias por acumular beneficios e poder. Con estas dúas representacións, o grupo de Cee terá rematado a súa presenza dentro da programación do espazo do Centro Dramático Galego, xa que na última semana desenvolveu outras sete funcións para escolares e dúas para público xeral da súa última produción,
Pelos na lingua.
A PRIMEIRA PROPOSTA É "PELOS NA LINGUA", CON DÚAS REPRESENTACIÓNS (SÁBADO 28 ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 29, ÁS 18.00) E SETE PASES MATINAIS ATA DO LUNS 30 AO XOVES DÍA 2
[26/01/2012] A compañía Talía Teatro instalarase durante dúas semanas no Salón Teatro de Santiago para ofrecer 11 funcións de dous dos seus últimos espectáculos. Así, do 28 de xaneiro ao 2 de febreiro o grupo de Cee representará
Pelos na lingua, unha comedia que fala dos usos e abusos que sofre o idioma galego, en tanto que o venres 3 e o sábado 4 escenificará
Volpone. Ou comedia de Mosca, unha fábula que xira arredor da avaricia e da luxuria humanas.
A ACTUAL EDICIÓN, CON 51 ORIXINAIS RECIBIDOS, CONVÉRTESE NA MÁIS CONCORRIDA EN TODA A HISTORIA DO CERTAME
[23/01/2012] O actor e director Evaristo Calvo dirixirá as dramatizacións das obras que resulten finalistas do VI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que promoven a Radio Galega e o Centro Dramático Galego (CDG) co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O certame pechou o pasado día 15 de xaneiro o prazo de presentación de traballos cun total de 51 orixinais recibidos, cifra que converte esta edición na máis concorrida da súa historia.
OFRECERÁ DÚAS FUNCIÓNS QUE TERÁN LUGAR ESTE VENRES 20 E O SÁBADO 21, ÁS 20.30 HORAS
[18/01/2012] A compañía Teatro Galileo pon en escena este venres 20 e o sábado 21, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago, dúas funcións de
Sempre quixen bailar un tango, a obra coa que Teresa González Costa gañou a edición de 2008 do Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, outorgado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Baixo a dirección de Pedro Rubín, o espectáculo é unha traxicomedia que reflexiona sobre as cousas que deixamos sen facer e sen aprender ao longo da nosa existencia.
O PASE, DE ACCESO LIBRE, É POSIBLE GRAZAS AO LABOR DA FUNDACIÓN VICENTE RISCO DE ALLARIZ
[13/01/2012] O Salón Teatro de Santiago acolle, este luns 16 ás 20.30 horas, a proxección con subtítulos en galego de
Pa Negre, a película de Agustí Villaronga baseada na novela homónima de Emili Teixidor, vencedora dos Premios Goya 2011 e candidata española ao Oscar 2012 ao mellor filme de fala non inglesa. A entrada para asistir a esta proxección é de balde, previo paso polo despacho de billetes, que permanecerá aberto desde as 18.30 horas. Poderán retirarse ata dúas localidades por persoa.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
| 120 |
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes