Novas
REPRESENTARASE ESTE VENRES NO TEATRO COLÓN ÁS 20,00 HORAS
[26/01/2022] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este venres a primeira das seis coproducións previstas para este semestre do ano coa montaxe 'Come and Go', da compañía Helena Salgueiro. A peza preséntase o venres no Teatro Colón da Coruña, ás 20,00 horas, e inclúe un encontro co público ao remate da función. A entrada é de balde mediante convite que se pode retirar a través da web www.ataquilla.com.
NACE O PROGRAMA 'IMPROVERSIÓNS', QUE TERÁ LUGAR ATA O 7 DE MARZO NO SALÓN TEATRO
[23/01/2022] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, ofrece todos os luns ás 20,00 horas, a partir do 24 de xaneiro e ata o 7 de marzo, accións escénicas improvisadas para promocionar a súa nova produción 'A peste'. Trátase do programa 'ImproVersións', un proxecto dirixido por Antón Coucheiro co que se representará un espectáculo diferente cada semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
[20/01/2022] O Salón Teatro de Santiago de Compostela encheuse este serán para a estrea de 'A peste', a primeira produción do ano do Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta. A presentación da montaxe inspirada na obra homónima de Albert Camus, con dirección e dramaturxia de Cándido Pazó, contou coa presenza do secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e do director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, ademais do director do CDG, Fran Núñez, e de diversa representación das principais organizacións do sector.
PERMANECERÁ DOUS MESES NO SALÓN TEATRO PARA OFRECER PRETO DE 40 FUNCIÓNS
[18/01/2022] O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presentou hoxe en Santiago de Compostela a primeira estrea da nova temporada do Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta, prevista para este xoves 20 de xaneiro. Trátase de 'A peste', inspirada na novela homónima de Albert Camus, con dramaturxia e dirección de Cándido Pazó e que conta cun dos maiores elencos dos últimos anos ao sumar 15 intérpretes.
A ÚLTIMA REPRESENTACIÓN SERÁ ESTE DOMINGO NO AUDITORIO MUNICIPAL CARMEN ESTÉVEZ ÁS 18,00 HORAS
[10/12/2021] A produción do Centro Dramático Galego (CDG) 'O charco de Ulises', dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, estará este domingo 12 en Vilalba, cunha única función no Auditorio Municipal Carmen Estévez. Con esta representación péchase a xira que levou o espectáculo a miles de persoas a través do seu percorrido por 20 concellos galegos e do norte de Portugal, así como por outros dous escenarios de Montevideo e Bos Aires.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
| 13 |
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes