Novas
O ESPECTÁCULO REPRESÉNTASE O VENRES 13 ÁS 21.00 HORAS E O SÁBADO 14 ÁS 20.30 H
[11/01/2012] O Salón Teatro de Santiago inaugura a súa programación de 2012 coa estrea este venres do novo espectáculo da compañía galega Voadora,
Tokio3, unha fábula musical sobre o paraíso futuro que supón a última entrega da triloxía Lugares comúns. A montaxe, que poderá verse o venres 13 ás 21.00 horas e o sábado 14 ás 20.30 horas, combina teatro, música en vivo e danza para falar sobre a esperanza e a realidade. A carteleira bimestral do espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) acollerá, a continuación, outras catro propostas de teatro, unha de danza contemporánea e dúas proxeccións de cinema.
O ESPAZO QUE XESTIONA O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO PREVÉ 16 DÍAS DE APERTURA AO PÚBLICO E DIFERENTES ACTIVIDADES DE RESIDENCIA ARTÍSTICA DE CARÁCTER INTERNO
[02/01/2012] O Salón Teatro de Santiago comeza a vindeira semana a súa programación para 2012 cunha carteleira bimestral que inclúe cinco espectáculos de teatro, un de danza contemporánea e dúas proxeccións de cinema. O espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG), dependente da Consellería de Cultura e Turismo a través da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), iniciará coa estrea do último espectáculo da compañía galega Voadora este primeiro período de actividade anual, durante o que computará un total de 16 xornadas con funcións dirixidas ao público.
RECOMENDADA PARA TODOS OS PÚBLICOS, A OBRA CONTA AS AVENTURAS DUN BARCO PIRATA MOI PARTICULAR E SOA MEMBROS DA SÚA PERIGOSA TRIPULACIÓN
[29/12/2011] A compañía Teatro do Noroeste coa súa última produción,
Piratas, pechará mañá venres 30 ás 19.00 horas a Mostra de Teatro Infantil de Nadal que organizada polo Centro Dramático Galego (CDG) veu desenvolvéndose ao longo desta semana no Salón Teatro de Santiago. Escrita e dirixida por Eduardo Alonso,
Piratas é unha divertida montaxe -recomendada para todos os públicos pero en particular para rapaces e rapazas de 6 a 12 anos- sobre as aventuras que acontecen a bordo dun barco de bucaneiros moi especial.
O TEXTO ESCRITO POR INACIO VILARIÑO FOI GALARDOADO EN 2010 CO PREMIO BARRIGA VERDE QUE OUTORGA A AGADIC
[28/12/2011] A compañía lalinense Fantoches Baj representa mañá xoves 29 ás 19:00 horas no Salón Teatro de Santiago o espectáculo de monicreques de luvas
Fábula Galénica
, penúltima proposta da Mostra de Teatro Infantil de Nadal que desenvolve o Centro Dramático Galego (CDG). A montaxe foi realizada a partir do texto do mesmo nome co que Inacio Vilariño foi galardoado en 2010 co VIII Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques que outorga a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo.
JOSÉ PREIETO DIRIXE ESTA MOSTAXE BASEADA NUNHA FÁBULA DE JORGE AMADO SOBRE A AMIZADE E A TOLERANCIA
[27/12/2011] A Mostra de Teatro Infantil de Nadal continúa mañá mércores 28 no Salón Teatro de Santiago coa posta en escena de
O Gato Manchado e a Andoriña Siñá a cargo da compañía Teatro do Morcego. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG), a Mostra chega ao seu ecuador con esta montaxe de teatro de actor baseada nunha fábula escrita polo autor brasileiro Jorge Amado que dirixe José Prieto.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
| 121 |
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes