Novas
O CANTANTE, GUITARRISTA E COMPOSITOR VIGUÉS PRESENTARÁ ÁS 21.00 HORAS OS TEMAS DE "ENTRETELAS", O SEU SEGUNDO TRABALLO DISCOGRÁFICO EN SOLITARIO
[22/11/2011] O cantante, guitarrista e compositor vigués Fon Román actúa este xoves 24, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago para presentar en directo os temas do seu segundo disco en solitario,
Entretelas, que o ex compoñente de Los Piratas edita baixo o seu propio selo discográfico, Pequeñas Iluminaciones. O concerto insírese no ciclo "ST Música Presente", que organiza a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) para a promoción das novidades discográficas galegas.
O ESCENARIO, QUE RETOMA A SÚA ACTIVIDADE DESPOIS DE ACOLLER A CINEUROPA, PECHARÁ 2011 COA MOSTRA DE TEATRO INFANTIL DE NADAL
[17/11/2011] A carteleira do Salón Teatro de Santiago dará cabida ata finais de 2011 a un total de 15 actuacións escénicas e musicais, cifra que inclúe 13 funcións de teatro desenvolvidas por 9 formacións artísticas e 2 concertos inseridos dentro do ciclo "ST Música Presente". O espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) retomará cun recital a cargo de Fon Román (o xoves 24 ás 21:00 horas) a súa programación propia, despois de ter dedicado os últimos dez días á exhibición de 26 películas como unha das sedes do Festival Cineuropa.
INSERIDO NO PROGRAMA DA AGADIC "ST MÚSICA PRESENTE", O CONCERTO TERÁ LUGAR ESTE MÉRCORES 2 DE NOVEMBRO, ÁS 21.00 HORAS
[31/10/2011] ]O dúo Lobalú, integrado pola cantante Najla Shami e o guitarrista Héctor Lorenzo, protagoniza este mércores día 2 no Salón Teatro de Santiago unha nova cita do ciclo de concertos "ST Música Presente", que organiza a Agadic. Na súa actuación, que dará comezo ás 21.00 horas, soarán os temas do seu disco de debú,
Haikus, editado polo selo Inquedanzas Sonoras.
A ACTUACIÓN, QUE SERÁ MAÑÁ VENRES ÁS 20:30, ESTARÁ CONDUCIDA POR ANTÓN COUCHEIRO E ANTUAN DE LA CREME
[27/10/2011] A Asociación de Novo Circo e Cabaré Pistacinco presenta mañá venres 28, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago, unha única función do seu particular
Cabaré de Circo, un espectáculo en formato cabaré no que unha ducia de polifacéticos artistas de novo circo desenvolverán unha sucesión de sete números que permitirá dar a coñecer ao público xeral un panorama das distintas liñas e propostas artísticas nas que traballan actualmente.
A ACTUACIÓN, DE ENTRADA GRATUÍTA, TERÁ LUGAR MAÑÁ MÉRCORES ÁS 21.00 H
[25/10/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá mércores 26 ás 21.00 horas o primeiro dos tres concertos que compoñen o ciclo
Claves líricas, no que Teo Cardalda e María Monsonís poñen música a 10 poemas de Valle-Inclán, en conmemoración do 75 aniversario do seu pasamento. A entrada para asistir ao espectáculo é gratuíta previa recollida de localidades no despacho de billetes.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
| 124 |
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes