Novas
PRESENTARÁN EN DIRECTO O SEU ÚLTIMO TRABALLO DISCOGRÁFICO, "EJÉRCITO DE FANTASMAS"
[11/10/2011] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abre este venres día 14 cun concerto no Salón Teatro a cargo da banda The Blows a terceira parte do ciclo de concertos "ST Música Presente", dirixido preferentemente á promoción de traballos discográficos galegos de todos os estilos diante dun público especializado. O grupo galego presentará os temas do seu novo traballo,
Ejército de Fantasmas, co seu son característico de
riffs de guitarra, teclados e baterías rítmicas. Unha vez máis, o Salón Teatro de Santiago será a sede deste programa de recitais, que nesta nova entrega acollerá outros tres directos protagonizados por Lobalú (2 de novembro), Fon Román (24 de novembro) e Vaamonde, Lamas & Romero (13 de decembro).
ESTRÉASE O VENRES 14 NO TEATRO CENTRAL DE SEVILLA E VIRÁ AO SALÓN TEATRO NO MES DE DECEMBRO
[10/10/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) colabora co Centro Andaluz de Teatro (CAT) na obra
La noche de Max Estrella, que se estrea este venres 14 de outubro no Teatro Central de Sevilla. A colaboración entre as dúas compañías públicas materialízase mediante a participación dos galegos Isaac Garabatos e Pilar Millán como parte do equipo artístico desta proposta escénica e dramatúrxica de Francisco Ortuño, que toma como referencia unha das obras cumio da literatura española do século XX, Luces de Bohemia, de Ramón María del Valle-Inclán.
MÁIS DE 19.700 ESPECTADORES ASISTIRON ÁS 34 REPRESENTACIÓNS OFRECIDAS EN 12 ESCENARIOS DENTRO E FÓRA DE GALICIA
[04/10/2011] O último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG),
A ópera dos tres reás, rematou o seu período de distribución cun balance de 19.700 espectadores, polo que pasa a ser a produción máis vista da historia da compañía pública galega, despois de finalizar unha xira de tres meses de duración na que ofreceu un total de trinta e catro funcións en doce localidades, dentro e fóra de Galicia.
AS DERRADEIRAS FUNCIÓNS SERÁN O VENRES 30 DE SETEMBRO E O SÁBADO 1 DE OUTUBRO
[28/09/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) finaliza en Narón o período de exhibición de
A ópera dos tres reás, o seu primeiro espectáculo musical de gran formato, coas dúas derradeiras funcións que terán lugar no Pazo da Cultura este venres 30 de setembro, ás 20.30 horas, e o sábado 1 de outubro, ás 20.00 horas. Péchase así unha extensa xira de tres meses durante a que a versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill congregou a milleiros de espectadores ofrecendo un total de 34 funcións en 12 localidades dentro e fóra de Galicia.
O ESPECTÁCULO MUSICAL DA COMPAÑÍA PÚBLICA REPRESÉNTASE MAÑÁ DÍA 27 E O MÉRCORES 28, ÁS 20.30 HORAS, NO CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA
[26/09/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) entra na última semana de exhibición do seu espectáculo musical
A ópera dos tres reás, co que se presenta en Vigo para ofrecer dúas funcións mañá e o mércores, ás 20.30 horas, no Centro Cultural Novacaixagalicia. Esta será a penúltima parada dunha xira de tres meses, que finalizará en Narón e durante a que a versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill foi vista por máis de 17.200 espectadores noutros dez escenarios galegos e do resto de España.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
| 125 |
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes