Novas
TRAS ESGOTARSE A VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS PARA TODAS AS FUNCIÓNS, AS ÚLTIMAS LOCALIDADES DISPOÑIBLES PODERÁN ADQUIRIRSE A PARTIR DE MAÑÁ NO DESPACHO DE BILLETES
[23/06/2011] O Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela encherase esta noite con motivo da estrea de
A ópera dos tres reás, espectáculo musical do Centro Dramático Galego (CDG) con Quico Cadaval na dirección escénica, Diego García Rodríguez na musical e Luis Tosar como actor protagonista. O espazo compostelán, co seu aforo dun milleiro de butacas completo, acollerá ás 21.00 horas esta primeira representación da versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill, á que asistirá o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, así como outros recoñecidos nomes da vida política e cultural galega.
QUICO CADAVAL DIRIXE A VERSIÓN GALEGA DO CLÁSICO DE BERTOLT BRECHT E KURT WEILL, QUE PROTAGONIZA LUIS TOSAR NO SEU REGRESO AO CDG DESPOIS DE 15 ANOS
[21/06/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este xoves 23 de xuño no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela o seu primeiro espectáculo musical de gran formato,
A ópera dos tres reás, que sube ás táboas da man de Quico Cadaval na dirección escénica; Diego García Rodríguez na musical, e con Luis Tosar no papel protagonista. Tanto o seu extenso elenco, cun total de 20 artistas en escena interpretando en directo música e cancións, como a ampla difusión que terá fóra de Galicia, sitúan esta versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill entre as meirandes producións enfrontadas ata o momento pola compañía da Consellería de Cultura e Turismo.
O CONSELLEIRO DE CULTURA E TURISMO PRESENTA O CONCERTO ‘CAMELIAS PARA CUNQUEIRO’, QUE SUPÓN "UN FELIZ PUNTO DE ENCONTRO ENTRE DÚAS EFEMÉRIDES FUNDAMENTAIS PARA GALICIA, O ANO CUNQUEIRO E O ANO DA MÚSICA"
[08/06/2011] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, presentou esta mañá xunto a Amancio Prada o concerto especial
Camelias para Cunqueiro, que o compositor e cantautor berciano ofrecerá o vindeiro venres día 10 de xuño no Salón Teatro de Santiago de Compostela. A actuación enmárcase na programación do Ano Cunqueiro, que conmemora o centenario do nacemento do escritor, e na celebración do Ano da Música.
PODEN ADQUIRISE DE XEITO ANTICIPADO A TRAVÉS DA BILLETEIRA ELECTRÓNICA DA WEB WWW.NOVACAIXAGALICIA.ES
[07/06/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) acaba de habilitar a venda anticipada de entradas para as catro primeiras funcións do seu espectáculo A ópera dos tres reás, que estrea o vindeiro 23 de xuño no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. Baixo a dirección escénica de Quico Cadaval e con Luis Tosar no papel protagonista, o equipo artístico entra na recta final dos ensaios desta versión da famosa obra asinada polo dramaturgo Bertolt Brecht e o compositor Kurt Weill, que a compañía da Consellería de Cultura e Turismo produce en colaboración con Novacaixagalicia e a Fundación Gaiás-Cidade da Cultura.
A CONSELLERÍA DE CULTURA E TURISMO, A TRAVÉS DA AGADIC, E O CONSELLO DA CULTURA GALEGA PROMOVEN ESTE CONCERTO EN SANTIAGO DENTRO DA PROGRAMACIÓN DO ANO CUNQUEIRO
[31/05/2011] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá o venres 10 de xuño, ás 21.00 horas, o concerto "Camelias para Cunqueiro", no que Amancio Prada interpretará poemas do gran autor mindoniense dentro da programación conmemorativa "2011, Ano Cunqueiro", que a Xunta de Galicia promove a través da Consellería de Cultura e Turismo no centenario do nacemento do escritor. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e o Consello da Cultura Galega colaboran na organización deste recital poético musical, para o que xa está dispoñible a venda anticipada de entradas a través da billeteira electrónica de Novacaixagalicia no enderezo
www.caixagalicia.es.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
| 128 |
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes