Novas
HABERÁ UNHA FUNCIÓN NO AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE
[07/12/2021] A produción da unidade teatral da Xunta de Galicia 'O charco de Ulises', dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, está o xoves 9 no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, cunha única representación ás 20,30 h. O espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) volve a Galicia tras viaxar a Montevideo, en Uruguai, e a Bos Aires, en Arxentina, e encara as últimas funcións que o están a levar por 20 escenarios de Galicia e do norte de Portugal ata o 12 de decembro.
O SALÓN TEATRO ACOLLE XA O EQUIPO QUE PORÁ EN ESCENA O ESPECTÁCULO
[05/12/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, comeza no Salón Teatro de Santiago de Compostela os ensaios da nova produción 'A peste', cuxa estrea está prevista para o 20 de xaneiro nese mesmo escenario. O equipo dirixido por Cándido Pazó, quen asina tamén a dramaturxia, iniciou co traballo de mesa a preparación da posta en escena do espectáculo inspirado na novela homónima do autor franco-arxelino Albert Camus, na que aborda de xeito metafórico as grandes pragas causadas polo ser humano.
A PEZA COPRODUCIDA POLO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO PODERASE GOZAR NO AUDITORIO DE GALICIA A VINDEIRA SEMANA
[30/11/2021] O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou esta mañá na presentación da ópera cómica 'A sombra de Cristal', unha coprodución do Centro Dramático Galego (CDG), a Real Filharmonía de Galicia e a Asociación de Amigos da Ópera de Santiago. A obra estrearase o vindeiro 9 de decembro no marco da programación sinfónica da Xunta de Galicia para este Xacobeo 21-22.
REPRESENTARASE NO TEATRO ROSALÍA CASTRO ÁS 20,30 HORAS
[25/11/2021] A produción do Centro Dramático Galego (CDG) 'O charco de Ulises', dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, estará este sábado 27 na Coruña cunha única función no Teatro Rosalía Castro, ás 20,30 horas. A representación enmárcase na xira iniciada a comezos de mes pola unidade de produción teatral da Xunta de Galicia e que está a levar a peza por 20 concellos galegos e do norte de Portugal ata o 12 de decembro, ademais de a Uruguai e Arxentina.
CREADA A PARTIR DA DRAMATURXIA DE AVELINA PÉREZ E QUE SE ESTREARÁ EN ABRIL NO SALÓN TEATRO
[23/11/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta, comezou a primeira fase dos ensaios do seu novo espectáculo de produción propia, 'Ás oito da tarde, cando morren as nais', baixo a dirección de Marta Pazos. Así, o equipo artístico e de interpretación traballa xa na posta en escena da peza creada a partir da dramaturxia de AveLina Pérez galardoada co Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2018, cara á súa estrea en abril de 2022 no Salón Teatro de Santiago de Comnpostela.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
| 14 |
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes