Novas
PABLO CASTAÑO, ANDREW MACNEILL, ADRIÁN VIÑAS ALONSO, PACO DICENTA, VADZIM YUKHNEVICH E DAVID RODRÍGUEZ RIAL FORON SELECCIONADOS ENTRE 23 ASPIRANTES
[18/04/2011] Pablo Castaño, Andrew Macneill, Adrián Viñas Alonso, Paco Dicenta, Vadzim Yuknevich e David Rodríguez Rial conforman o sexteto que porá a música en directo en
A ópera dos tres reás, versión da famosa obra de Bertolt Brecht e Kurt Weill que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará o vindeiro 23 de xuño baixo a dirección escénica de Quico Cadaval. Os seis foron seleccionados entre os 23 candidatos que participaron nas audicións convocadas pola compañía pública, durante as que tiveron que demostrar tanto o seu virtuosismo como a súa versatilidade, xa que en total interpretarán ata 17 instrumentos diferentes.
AS FUNCIÓNS DESTA OBRA, CUN TEXTO NOMINADO AOS PREMIOS MAX 2011, TERÁN LUGAR O SÁBADO 16 ÁS 20.30 H E DOMINGO 17 ÁS 18.00
[14/04/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana -sábado 16 ás 20.30 horas e domingo 17 ás 18.00 horas- dúas funcións de
A filla de Woody Allen, a primeira obra da compañía de Santiago Cortegoso coa que o dramaturgo pontevedrés está nominado aos premios Max das Artes Escénicas 2011 na categoría de mellor autor teatral en galego. A actriz Marián Bañobre interpreta en solitario a unha ficticia filla galega do cineasta norteamericano, que emprende unha viaxe a Nova York na procura do seu pai, do que só sabe que toca o clarinete e lle envía agasallos de aniversario.
A PRESENTACIÓN DO SEU ÁLBUM DEBUT TERÁ LUGAR MAÑÁ MÉRCORES 13 ÁS 21.00 HORAS
[12/04/2011] A banda de jazz Xacobe Martínez Antelo Cuarteto protagoniza mañá mércores día 13 no Salón Teatro unha nova cita musical inserida dentro do ciclo de concertos ST Música Presente, posto en marcha pola Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo co obxectivo de facilitar a promoción especial de discos galegos a través de recitais dirixidos preferentemente ao público especializado, pero abertos tamén a todos os espectadores. No caso da actuación de mañá, que dará comezo ás 21:00 horas, o grupo do compositor e contrabaixista compostelán presentará en directo os temas do seu primeiro traballo discográfico,
Jazz from Galiza!!, editado por Freecode.
DESENVOLVERANSE DÚAS FUNCIÓNS O LUNS 11 E O MARTES 12 DE ABRIL ÁS 20.30 HORAS
[09/04/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle o vindeiro luns día 11 e o martes 12, ás 20.30 horas, dúas funcións do último espectáculo do humorista Carlos Blanco,
Ordem e Progresso, a través do que expón a súa persoal visión do país brasileiro en clave de humor. Nesta ocasión, o polifacético actor está acompañado en escena polos músicos do Sergio Tannus Trío (Sergio Tannus, Sergio Sales e Paulo Silva).
FAUSTO ISORNA É AUTOR DO DESEÑO E DAS ILUSTRACIÓNS, EN TANTO QUE PEPE SENDÓN ASINA OS TEXTOS DESTA OBRA, QUE SE INSIRE NA LIÑA DOS DENOMINADOS "LIBROS OBXECTO"
[08/04/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) abre coa publicación do título "Salomé, os sete veos", unha nova colección editorial que recollerá o testemuño gráfico e escrito dos espectáculos producidos pola compañía teatral pública desde unha perspectiva eminentemente conceptual e estética. A idea deste primeiro libro, que edita a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura e Turismo, partiu dos creadores Fausto Isorna, autor das ilustracións e do deseño gráfico, e de Pepe Sendón, quen asina os textos escritos expresamente para estas páxinas sobre a última montaxe estreada polo CDG,
Salomé.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
| 131 |
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes