AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

RESULTARON FINALISTAS OS TEXTOS "COMO ELIMINAR AS MANCHAS DE VÓMITO", DE EVA FREIXEIRA, "CARNE DE CANÓN", DE REBECA MONTERO, E "SEÑORA CARME", DE MANUEL ROMÁN

O autor ourensán Xosé Manuel Pacho Blanco gaña o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico coa obra "Paraísos"

[05/04/2011] O autor ourensán Xosé Manuel Pacho Blanco, coa obra titulada Paraísos, gañou o V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico nas súas dúas categorías, ao recibir por unanimidade o premio do xurado e sumar o maior número de votos emitidos polo público, o que lle valeu tamén o premio da audiencia. O galardón, que convoca anualmente a Radio Galega co patrocinio da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e a colaboración do Centro Dramático Galego (CDG), seralle entregado o vindeiro 3 de maio dentro do espazo radioescénico que se desenvolverá no Salón Teatro de Santiago de Compostela.
MÁIS DUNHA VINTENA DE ASPIRANTES PARTICIPAN NAS PROBAS DE SELECIÓN DOS SEIS MÚSICOS QUE INTERGRARÁN A ORQUESTRA DO ESPECTÁCULO

O CDG inicia os ensaios do musical "A ópera dos tres reás" ás ordes de Quico Cadaval e con Luis Tosar como protagonista

[04/04/2011] O equipo artístico e técnico que integra A ópera dos tres reás, a produción musical de gran formato que o Centro Dramático Galego (CDG) estreará en Santiago o próximo 23 de xuño, inicia hoxe luns día 4 de abril os ensaios actorais baixo a dirección de escena de Quico Cadaval e con Luis Tosar como protagonista. A compañía teatral pública materializa así un dos principais proxectos da súa directora, Blanca Cendán, que levará ao CDG a exhibir en escenarios galegos e de fóra de Galicia ata o vindeiro mes de outubro a súa versión sobre a obra de Bertolt Brecht e Kurt Weill.
O CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO DESENVOLVERÁ ENTRE OS DÍAS 26 E 30 UNHA MOSTRA DE DANZA NA QUE PARTICIPARÁ MÁIS DUNHA VINTENA DE FORMACIÓNS ARTÍSTICAS

O Salón Teatro ofrece durante abril unha carteleira cun total de 34 espectáculos escénicos e musicais

[01/04/2011] Un total de 34 formacións escénicas e musicais actuarán durante o mes de abril no Salón Teatro de Santiago de Compostela, dentro da programación externa deseñada polo Centro Dramático Galego (CDG) para o trimestre final da temporada. Pese a que o escenario permanecerá pechado durante o período vacacional de Semana Santa, o Salón Teatro concentrará este mes unha intensa actividade, á que contribúen citas colectivas como a I Mostra de Danza de Galicia ou o Festival Internacional de Teatro Universitario, ademais das propostas teatrais das compañías Berrobambán, Santiago Cortegoso, Carlos Blanco-Abada Teatro, ou a música de jazz de Xacobe Martínez Antelo.
A OBRA, INTERPRETADA POR PAULA CARBALLEIRA, ANABELL GAGO, CHIQUI PEREIRA E HUGO TORRES, PODERÁ VERSE O VENRES 1 E SÁBADO 2 DE ABRIL

Berrobambán escenifica no Salón Teatro dúas funcións de "Pressing Catch", con dirección de Quico Cadaval

Documento anexo[30/03/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle esta semana dúas funcións de Pressing Catch, o último espectáculo da compañía compostelá Berrobambán, que se vale desta particular técnica de loita libre para reflexionar sobre as formas de violencia, sen deixar de lado o sentido do humor e a ironía. Realizada baixo a dirección escénica de Quico Cadaval e a partir dun texto asinado por Paula Carballeira, a montaxe poderá verse o venres 1 e o sábado 2 de abril ás 20.30 horas.
PRETO DE 5.000 ESPECTADORES ASISTIRON ÁS 33 FUNCIÓNS DESENVOLVIDAS ATA O MOMENTO EN ONCE LOCALIDADES GALEGAS E TRES DESTACADOS ESPAZOS DE PORTUGAL

O CDG pecha o período de exhibición de "Salomé" con tres derradeiras funcións no Salón Teatro

Documento anexo[22/03/2011] O espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) Salomé, dirixido por Carlos Santiago, despídese esta semana do público con tres derradeiras funcións no Salón Teatro de Santiago que terán lugar este xoves 24 ás 11.00 horas, en pase concertado para escolares, e o venres 25 e o sábado 26, ás 20.30 horas. A compañía pública galega pecha así o período de exhibición desta adaptación da coñecida obra de Oscar Wilde, que afonda na visión do poder como forza invariable e amosa outra interpretación do texto cunha lectura máis política e actual.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 | 132 | 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal