Novas
ROBERTO LEAL DIRIXE A INTERPRETACIÓN DA ACTRIZ NURIA SANZ E O MÚSICO IGNACIO SANZ
[16/03/2011] A compañía galega Sapristi Teatro regresa este venres día 18 e o sábado 19 (20:30 h) ao Salón Teatro de Santiago co seu espectáculo
Por que o meniño se coce na polenta?, realizado a pasada temporada en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG). Con dirección escénica de Roberto Leal, a actriz Nuria Sanz e o músico Ignacio Sanz interpretan esta montaxe, cuxa estrea xa acollera este mesmo escenario en xuño de 2010, e que mestura xéneros que van desde o clown ata un realismo que roza o dramático, pasando pola comedia xestual, o cabaret, a revista, o musical, o vodevil e o circo.
"CARNE DE CANÓN", "PARAÍSOS", "SEÑORA CARMEN" E "COMO ELIMINAR AS MANCHAS DE VÓMITO" EMÍTENSE ATA O DÍA 25 NA RADIO GALEGA PARA SER VOTADAS POLOS OÍNTES
[11/03/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) realizou a adaptación para a radio das catro obras finalistas do V Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que a compañía pública organiza xunto coa Radio Galega e co patrocinio da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais). Baixo a dirección de Ana Vallés, un elenco integrado por sete actores e actrices -Mónica Camaño, Margarita Fernández, Manu Lago, Roberto Leal, Laura Ponte, Nuria Sanz e Marcos Vieitez- pon voz aos personaxes dos textos
Carne de canón,
Paraísos,
Señora Carmen e
Como eliminar as manchas de vómito, que se emiten ata o vindeiro día 25 de marzo en diferentes espazos da Radio Galega.
CELSO PARADA ASUME DE NOVO A DIRECCIÓN ESCÉNICA DESTE ESPECTÁCULO, QUE A COMPAÑÍA GALEGA VOLVE LEVAR AOS ESCENARIOS DEZ ANOS DESPOIS DA SÚA ESTREA
[09/03/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle este venres día 11 un único pase de
Os vellos non deben de namorarse, versión da emblemática obra de Castelao asinada pola compañía galega Teatro do Morcego, que recupera este espectáculo para os escenarios dez anos despois da súa estrea. A función no espazo que xestiona o Centro Dramático Galego dará comezo ás 20.30 horas.
TERÁN LUGAR O SÁBADO 12 ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 13 ÁS 19.00 HORAS
[09/03/2011] O espectáculo do Centro Dramático Galego
Salomé, dirixido por Carlos Santiago, chega esta fin de semana a Ourense para ofrecer dúas funcións no Teatro Principal que terán lugar o sábado 12, ás 20.30 horas, e o domingo 13, ás 19.00 h. A compañía pública entra así na recta final da xira que desenvolve dende xaneiro con esta adaptación da coñecida obra de Oscar Wilde, a través da que ofrece unha lectura máis política e actual do episodio bíblico recreado polo gran dramaturgo irlandés.
O CDG RESOLVEU UN PROCESO DE AUDICIÓNS NO QUE UN TRIBUNAL VALOROU A 90 CANDIDATOS/AS
[07/03/2011] Un elenco integrado nos papeis femininos por Begoña Santalices, Muriel Sánchez, Alba Mesa, Mónica Iglesias e Marta Pazos; e nos masculinos por Marcos Orsi, César Goldi, Francisco Pérez "Narf", Sergio Zearreta e Víctor L. Mosqueira será o que interprete xunto a Luis Tosar a vindeira produción do Centro Dramático Galego (CDG),
A ópera dos tres reás. As actrices e actores seleccionados, que superaron un procedemento de audición pública, actuarán e cantarán neste musical de gran formato sobre a obra de Bertolt Brecht e Kurt Weill que se estreará o vindeiro mes de xuño en Santiago de Compostela.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
| 133 |
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes