Novas
CARLOS SANTIAGO DIRIXE ESTA VERSIÓN DA OBRA DE OSCAR WILDE, NA QUE A ACCIÓN SE SITÚA NUN CONTEXTO ACTUAL PARA OFRECER UNHA LECTURA MÁIS SATÍRICA E POLÍTICA
[03/03/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) continúa na Coruña a xira do seu espectáculo
Salomé, adaptación da obra de Oscar Wilde dirixida por Carlos Santiago. O Teatro Rosalía Castro ofrecerá mañá venres 4, ás 20.30 horas, un único pase desta montaxe a través da que a compañía pública traslada a acción a un contexto actual para ofrecer unha lectura máis política e actual do texto do gran dramaturgo irlandés.
TRÁTASE DUN TRABALLO DE INVESTIGACIÓN E LABORATORIO TEATRAL SOBRE A CÉLEBRE TRAXEDIA DE WILLIAM SHAKESPEARE CON TEXTOS ADAPTADOS POR ALFREDO CONDE
[02/03/2011] A compañía Ainternacional estrea esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela a súa última produción,
Hamlet, un traballo de investigación e laboratorio teatral sobre a célebre traxedia de William Shakespeare. Alfredo Padilla, actor especializado en teatro shakesperiano pola Royal Academy of Dramatic Art (RADA) de Londres, personifica nesta renovada versión a un príncipe de Dinamarca moderno e actual, cuxa loita interior entre o "ser ou non ser" poderá verse este sábado 5 ás 20.30 horas e domingo 6 ás 18.00, dentro da programación do Centro Dramático Galego (CDG) para o Salón Teatro.
O ESPECTÁCULO ADAPTA Á CULTURA XITANA O TEXTO DE GARCÍA LORCA, QUE PROTAGONIZAN NOVE ACTRICES NON PROFESIONAIS PROCEDENTES DO FAMOSO POBOADO CHABOLISTA DE SEVILLA
[01/03/2011] Un grupo de nove mulleres de etnia xitana do asentamento chabolista máis antigo de Europa, o barrio sevillano de El Vacie, escenificarán o venres 4 no Salón Teatro
La casa de Bernarda Alba, de Federico García Lorca, nunha versión dirixida por Pepa Gamboa e producida pola compañía Atalaya que chega a Santiago precedida dun gran éxito de crítica e público. Esta única función terá lugar ás 20.30 horas.
O PÚBLICO SITÚASE EN GRADAS SOBRE O ESCENARIO, RODEANDO O ESPAZO ESCÉNICO COMO XEITO DE OBTER UNHA PERSPECTIVA MÁIS PRÓXIMA AO CENTRO DA ACCIÓN
[24/02/2011] A compañía portuguesa Teatro Oficina viaxa esta fin de semana a Santiago de Compostela para representar no Salón Teatro o seu espectáculo
Rua Gagarin, obra do dramaturgo escocés Gregory Burke. A formación de Guimarães ofrecerá unha función o sábado 26, ás 20.30 horas, desta comedia negra chea de crueza e realismo, que serve de pretexto para abordar o problema da crise xeral, económica, ideolóxica e de valores, así como a desesperación dun día a día que non funciona.
A VERSIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA SITÚA A ACCIÓN NUN CONTEXTO ACTUAL, CONVERTENDO A HERODES NO CANDIDATO DO PARTIDO POLÍTICO BONANZA E PROGRESO DE GALILEA
[24/02/2011] Narón é o próximo destino do Centro Dramático Galego (CDG) dentro da xira que desenvolve dende primeiros de ano co seu espectáculo
Salomé, adaptación da obra de Oscar Wilde dirixida por Carlos Santiago. O Pazo da Cultura naronés acollerá mañá venres 25, ás 20.30 horas, e o sábado 26, ás 20.00 h, senllas funcións da última montaxe da compañía pública, que ofrece unha lectura máis política e actual do episodio bíblico recreado polo gran dramaturgo irlandés.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
| 134 |
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes