Novas
O TEATRO PRINCIPAL ACOLLE DÚAS FUNCIÓNS, MAÑÁ MARTES ÁS 21.00 H E O MÉRCORES 23 ÁS 12.00
[21/02/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) preséntase a partir de mañá en Pontevedra con motivo da xira galega que está a desenvolver co seu espectáculo
Salomé, adaptación da obra de Oscar Wilde dirixida por Carlos Santiago. A última montaxe da compañía pública, que afonda na visión do poder como forza invariable e amosa outra interpretación do texto cunha lectura máis política e actual, poderá verse no Teatro Principal mañá martes 22, ás 21.00 horas, e o mércores 23, ás 12.00 horas (función concertada para escolares), como parte da programación do 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil.
A INTÉRPRETE FRANCESA PRESENTA "THE TRIP", O DISCO CO QUE DEBUTA EN SOLITARIO E NO QUE PRESCINDE DOS ARRANXOS PARA OFRECER UN TON MÁIS INTROSPECTIVO
[17/02/2011] A inconfundible voz de Stereolab, Laetitia Sadier, inaugura este domingo 20, ás 20.30 horas, a quinta edición da extensión do Festival Sinsal en Santiago cun concerto en que presentará o seu debut en solitario,
The Trip, unha colleita de cancións de aparencia sinxela que agochan toda a profundidade que caracteriza o seu traballo desde os inicios.
A REPRESENTACIÓN TERÁ LUGAR O VENRES 18 ÁS 21.30 HORAS
[16/02/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) representa esta semana en Tui o seu espectáculo
Salomé, dirixido por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde. A función desta última montaxe da compañía pública, que ofrece unha lectura máis política e actual do texto do gran dramaturgo irlandés, celebrarase o vindeiro venres 18 de febreiro, ás 21.30 horas, no Teatro Municipal de Tui, edificio Área Panorámica.
A MONTAXE, A TRAVÉS DA QUE SE OFRECE UN PERCORRIDO SEN PALABRAS POLOS SENTIMENTOS HUMANOS, ESCENIFÍCASE ESTE SÁBADO 19 ÁS 20.30 HORAS
[16/02/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle este sábado 19 de febreiro ás 20.30 horas
Axóuxere de cores, unha proposta escénica da Fundación IgualArte que aposta pola ruptura dos prexuízos e as fronteiras sociais. O movemento, a expresión corporal e a música conviven neste espectáculo, realizado por persoas con necesidades educativas específicas no marco dun programa artístico pioneiro en Galicia.
O DIRECTOR E ACTOR GALEGO, CON AMPLA EXPERIENCIA NA ESCENA FRANCESA, AFONDARÁ NAS CLAVES PARA A CONSTRUCIÓN DOS PERSONAXES CREADOS POLO GRAN COMEDIÓGRAFO
[14/02/2011] Unha decena de actores e actrices asiste desde hoxe ao curso sobre Molière que, organizado polo Centro Dramático Galego (CDG), imparte en Santiago o director, intérprete e dramaturgo galego Mario Tomás. Esta actividade docente, que se desenvolve ata o vindeiro 24 de febreiro na sala de teatro Roberto Vidal Bolaño da Universidade de Santiago, enmárcase dentro do novo programa de formación continua para profesionais da escena impulsado pola compañía pública, despois dunha primeira experiencia desenvolvida o pasado mes de setembro co encontro sobre o teatro de Shakespeare a cargo de Alfredo Padilla.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
| 135 |
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes