AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

ILDA TEIXEIRA, RAQUEL COSTA E SANDRA SANTOS COMPOÑEN O TRÍO INTERPRETATIVO DESTE ENREDO QUE REFLEXIONA SOBRE OS MEDOS E CUESTIONA A NECESIDADE DO ESQUECEMENTO

O Salón Teatro ofrece dúas funcións de "A caixa preta", última produción da compañía portuguesa Trigo Limpo

Documento anexo[10/02/2011] A compañía portuguesa Trigo Limpo Teatro Acert preséntase esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago co espectáculo A caixa preta, que se escenifica o sábado 12 ás 20.30 h e o domingo 13 ás 18.00 h dentro dun acordo de intercambio co Centro Dramático Galego (CDG). Con dramaturxia e dirección escénica de Pompeu José, a montaxe baséase no texto escrito ex profeso por dous dos máis destacados autores en lingua portuguesa, o mozambicano Mia Couto e o angolano José Eduardo Agualusa.
O XOVES DÍA 10 FINALIZA O PRAZO DE INSCRICIÓN NESTA ACTIVIDADE DOCENTE, QUE SE DESENVOLVERÁ DO 14 AO 18 E DO 20 AO 24 DE FEBREIRO

Últimas prazas para o curso sobre Molière para actores impartido por Mario Tomás

Documento anexo[08/02/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) mantén aberto ata este xoves día 10 o prazo de inscrición no curso sobre Molière que, dirixido fundamentalmente a actores e actrices, impartirá o director, actor e dramaturgo galego Mario Tomás. O curso, para o que se ofertan un máximo de 15 prazas, consta de nove xornadas lectivas (do 14 ao 18 e do 21 ao 24 de febreiro) centradas no estilo e na construción dos personaxes creados polo comediógrafo francés.
ELIXIRANSE MEDIANTE AUDICIÓN OS INTÉRPRETES DE CINCO PAPEIS MASCULINOS E OUTROS CINCO FEMININOS PARA INTEGRAR O ELENCO ENCABEZADO POR LUIS TOSAR COMO PROTAGONISTA

O Centro Dramático convoca un proceso de selección de dez actores-cantantes para "A ópera dos tres reás"

[08/02/2011] O Centro Dramático Galego acaba de iniciar o proceso de selección do elenco da súa próxima produción, o musical A ópera dos tres reás, coa convocatoria dunha audición pública para elixir os cinco actores-cantantes e as cinco actrices-cantantes que, xunto con Luis Tosar no papel protagonista, interpretarán esta versión da famosa obra de Bertolt Brecht e Kurt Weill. As probas celebraranse en Santiago de Compostela a partir do 21 de febreiro diante dun tribunal do que formarán parte Quico Cadaval, director escénico do espectáculo, e Carlos Ariel Gracia, director musical.
O ESPECTÁCULO, DOTADO DUNHA GRAN FORZA DRAMÁTICA, APÓIASE NO TRABALLO ACTORAL E NOS TEXTOS QUE O ESPECTADOR ORDENA MENTALMENTE PARA DAR SENTIDO Á HISTORIA

Histrión Teatro chega a Santiago coa obra de Veronese "Del maravilloso mundo de los animales: los corderos"

Documento anexo[07/02/2011] O Salón Teatro acolle esta semana -mércores 9 e xoves 10 de febreiro ás 20.30 horas- dúas funcións do espectáculo Del maravilloso mundo de los animales: los corderos, unha "salvaxe parodia" da sociedade moderna escrita e dirixida para Histrión Teatro polo arxentino Daniel Veronese, un dos creadores máis recoñecidos e polémicos do panorama escénico contemporáneo a nivel internacional.
A REPRESENTACIÓN TERÁ LUGAR O XOVES 10 ÁS 20.30 HORAS NO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE

O CDG clausura a XI Mostra de Teatro Clásico de Lugo coa posta en escena do espectáculo "Salomé"

Documento anexo[07/02/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) viaxa esta semana a Lugo para representar o seu espectáculo Salomé, dirixido por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde, dentro da programación da XI Mostra de Teatro Clásico. A función desta última montaxe da compañía pública celebrarase o vindeiro xoves 10 de febreiro, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire como clausura do encontro teatral que organiza anualmente a Concellería de Cultura de Lugo.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 | 136 | 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal