Novas
REGRESA A SANTIAGO TRAS SER REPRESENTADA EN SANTANDER, MADRID, GRANOLLERS, SEVILLA E MALLORCA COMO MONTAXE SELECCIONADA POLA RED DE TEATROS ALTERNATIVOS
[02/02/2011] A plataforma Voadora regresa esta semana ao Salón Teatro de Santiago coa súa comedia musical
Super8, realizada en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), da que ofrecerá senllas funcións o venres 4 e o sábado 5 ás 20.30 horas. A compañía compostelá fai así un pequeno alto na ampla xira estatal que está a desenvolver no marco da Red de Teatros Alternativos cun espectáculo no que, coa memoria como fío condutor, combina teatro, música en directo e danza.
O AUDITORIO MUNICIPAL ACOLLE O VENRES 4 ÁS 21.00 H ESTA VERSIÓN DA OBRA DE OSCAR WILDE DIRIXIDA POR CARLOS SANTIAGO
[01/02/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) continúa esta semana en Vilagarcía de Arousa a xira da súa última montaxe,
Salomé, dirixida por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde. Tralo seu periplo por Portugal, onde foi representado en Gimarães, Tondela e Braga, este espectáculo regresa a Galicia ofrecendo un pase no Auditorio Municipal de Vilagarcía o vindeiro venres 4 de febreiro, ás 21.00 horas.
TERÁ LUGAR NO SALÓN TEATRO EN HORARIO MATINAL DO 14 AO 18 E DO 21 AO 24
[26/01/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza un curso sobre Molière que, dirixido fundamentalmente a actores e actrices, impartirá o director, actor e dramaturgo galego Mario Tomás. O curso, que abriu hoxe o prazo de matrícula, consta de nove xornadas lectivas (do 14 ao 18 e do 21 ao 24 de febreiro entre 10.00 e 14.00 horas) centradas no estilo e na construción dos personaxes creados polo comediógrafo francés.
O MONÓLOGO ESCÉNICO-NARRATIVO QUE OFRECE EMOCIÓN E DIVERSIÓN CONMEMORA O 50 ANIVERSARIO DA PRIMEIRA PUBLICACIÓN DA OBRA EN BOS AIRES
[25/01/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro o espectáculo producido por Abrapalabra Creacións Escénicas
Memoria das memorias dun neno labrego, un monólogo escénico-narrativo co que Cándido Pazó rende homenaxe ao libro de Xosé Neira Vilas no 50 aniversario da súa primeira publicación. O escenario do Centro Dramático Galego desenvolverá un total de seis funcións da primeira versión escénica en Galicia desta obra emblemática da narrativa galega: tres para o público xeral, que terán lugar o venres 28 e o sábado 29 ás 20.30 horas e o domingo 30 ás 18.00 horas; e outras tres para estudantes de bacharelato, concretamente dous pases matinais o luns 31 e un terceiro o martes 1 de febreiro.
A MONTAXE DA OBRA DE OSCAR WILDE DIRIXIDA POR CARLOS SANTIAGO EXHIBIRASE NO CENTRO CULTURAL VILA FLOR DE GIMARÃES, NO TEATRO ACERT DE TONDELA E NO THEATRO-CIRCO DE BRAGA
[20/01/2011] O Centro Dramático Galego inicia esta fin de semana o ciclo de distribución en Portugal do seu espectáculo
Salomé como froito dun acordo de intercambio entre a compañía pública galega e tres emblemáticas agrupacións do país veciño. Así, a montaxe dirixida por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde exhibirase este mes de xaneiro no Centro Cultural Vila Flor de Gimarães (sábado 22 ás 22.00 horas), no Teatro Acert de Tondela (mércores 26 ás 21.45 horas) e no Theatro-Circo de Braga (venres 28 e sábado 29 ás 21.30 horas).
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
| 137 |
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes