Novas
ORGANIZADA POLO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, DESENVOLVERASE DO 26 AO 30 DE DECEMBRO COA PARTICIPACIÓN DE CINCO COMPAÑÍAS GALEGAS
[22/12/2010] O Salón Teatro de Santiago despide a súa programación de 2010 cunha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal, que ofrecerá do 26 ao 30 de decembro cinco espectáculos de teatro actor, clown e monicreques, especialmente pensados para os máis pequenos. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG) ininterrumpidamente desde o ano 2000 e sempre nas mesmas datas, nesta décima edición participan os grupos galegos Limiar Teatro, coa coprodución
Os 4 da Xunqueira (na imaxe); Berrobambán, con
Bicharada; Tanxarina Títeres, con
Trogloditas; Títeres Trompicallo, con
O día que chegou un nube e choveu; e Panamesiana Teatro, con
Oh, que bonito é Panamá!.
VIGO SERÁ O PRIMEIRO DESTINO DA EXTENSA XIRA DURANTE A QUE A ÚLTIMA PRODUCIÓN DO CENTRO DRAMÁTICO VISITARÁ ONCE ESCENARIOS GALEGOS E TRES PORTUGUESES
[16/12/2010] Un total de 2.014 espectadores asistiron ata o momento ás representacións no Salón Teatro de Santiago da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG),
Salomé, dirixida por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde. O espectáculo da compañía pública despídese deste escenario con tres últimas funcións o venres 17 e o sábado 18, ás 20.30 horas, e o domingo 19, ás 18.00 horas, para iniciar despois unha extensa xira por un total de once escenarios galegos e tres portugueses.
O PRAZO DE RECEPCIÓN DE ORIXINAIS REMATA O 31 DE DECEMBRO
[10/12/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) e a Radio Galega convocan a quinta edición do Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico, único das súas características en Galicia e pioneiro a nivel estatal no fomento da escrita de textos dramáticos para a radio. O galardón, que conta co patrocinio da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), consolida así a súa traxectoria a prol da recuperación do formato de teatro radiofónico desde unha perspectiva contemporánea, facilitando unha plataforma de creación aberta ás novas linguaxes.
TERÁ LUGAR NO SALÓN TEATRO DO 26 AO 30 DE DECEMBRO COAS COMPAÑÍAS LIMIAR, BERROBAMBÁN, TANXARINA, TROMPICALLO E PANAMESIANA
[04/12/2010] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá do 26 ao 30 de decembro unha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal, na que cinco compañías, todas elas galegas, escenificarán os seus últimos espectáculos especialmente deseñados para público familiar. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG), participarán no ciclo Limiar Teatro, Berrobambán, Tanxarina Títeres, Títeres Trompicallo e Panamesiana Teatro coas súas distintas propostas de teatro actor, clown ou monicreques.
UN TOTAL DE 21 CENTROS DE ENSINO, A MEIRANDE PARTE DELES INSTITUTOS DE BACHARELATO, PARTICIPAN ATA O 16 DE DECEMBRO NESTA CAMPAÑA
[01/12/2010] Máis de 1.200 alumnos dun total de 21 centros de ensino de toda Galicia asistirán ás funcións escolares que o Centro Dramático Galego (CDG) ofrece no Salón Teatro coa súa última produción,
Salomé, realizada a partir da obra de Oscar Wilde baixo a dirección de Carlos Santiago. O novo espectáculo da compañía pública permancerá neste escenario compostelán ata o domingo 19 de decembro, con cinco funcións semanais (mércores e xoves para estudantes -agás o 8 de decembro-, e venres, sábados e domingos para o público xeral).
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
| 139 |
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes