Novas
OS ACTORES PEPE PENABADE, MARÍA MERA E MARÍA SALGUEIRO PROTAGONIZARÁN UNHA ACCIÓN ESCÉNICA PREVIA Á PORTA DA SEDE DO CDG
[25/11/2010] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle mañá venres 26 de novembro, ás 21.00 horas, a estrea da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG),
Salomé, de Óscar Wilde, baixo a dirección de Carlos Santiago. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela asistirá a esta primeira función do espectáculo que abre a xestión de Blanca Cendán á fronte da compañía pública, e para a que se prevé un patio de butacas cun cheo absoluto de espectadores.
ROBERTO VARELA PRESENTOU HOXE A NOVA PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA, QUE SERÁ ESTREADA O VENRES 26 ÁS 21.00 H NO SALÓN TEATRO
[23/11/2010] O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, presentou hoxe no Salón Teatro de Santiago o espectáculo
Salomé, nova produción do Centro Dramático Galego (CDG) realizada a partir da obra de Oscar Wilde con dirección de Carlos Santiago, que será estreada o vindeiro venres día 26, ás 21.00 horas, neste mesmo escenario. Segundo sinalou Roberto Varela, a posta en escena ideada polo director galego achéganos unha "moi especial" revisión da traxedia escrita polo gran dramaturgo irlandés, dando boa conta do "mellor que o teatro galego pode ofrecer".
A "PERFORMANCE" DO CANDIDATO HERODES ANTIPAS DESVELA A ORIXE DA CAMPAÑA DO PARTIDO BONANZA E PROGRESO DE GALILEA COMO ACCIÓN PROMOCIONAL DESTA NOVA MONTAXE
[18/11/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) desenvolveu esta mañá unha acción escénica diante do Salón Teatro de Santiago como parte da campaña promocional de
Salomé, o novo espectáculo que a compañía pública estreará o 26 de novembro baixo a dirección de Carlos Santiago. A intervención estivo protagonizada por un dos personaxes desta versión da obra de Oscar Wilde, o candidato Herodes Antipas interpretado polo actor Pepe Penabade, quen levou a cabo a primeira pegada de carteis da montaxe.
COPRODUCIDOS RESPECTIVAMENTE POLO CDG E O CCG, AMBAS MONTAXES ATÓPANSE EN XIRA POR DIFERENTES TEATROS E FESTIVAIS ESPAÑOIS
[12/11/2010] As compañías galegas Voadora e Quique Peón Cía. atópanse estes días en Madrid para presentar os seus últimos espectáculo,
Super8 (na imaxe) e
Ovay, coproducidos respectivamente polo Centro Dramático Galego (CDG) e o Centro Coreográfico Galego (CCG). A montaxe da plataforma Voadora escenifícase na Sala Triángulo, onde mañá sábado terá ofrecido un total de tres funcións; mentres que Quique Peón foi seleccionado polo Festival Internacional Madrid en Danza para actuar, tamén mañá, no Centro Cultural Pilar Miró.
A COMPAÑÍA RECUPERA ESTA PEZA DE MIGUEL ANXO MURADO QUE XA REPRESENTARA HAI 15 ANOS E QUE SITÚA NA ÉPOCA BARROCA A UN GRUPO DE ACTORES PERCORRENDO O CAMIÑO DE SANTIAGO
[26/10/2010] Teatro do Noroeste ofrece esta semana no Salón Teatro de Santiago un total de 6 funcións do seu espectáculo
Historias peregrinas, unha nova versión da comedia alegórica escrita por Miguel Anxo Murado e que a compañía que dirixe Eduardo Alonso xa estreara hai 15 anos. O público xeral terá oportunidade de ver a peza o xoves 28, o venres 29 e sábado 30 ás 20.30 h e o domingo 31 ás 18.00 h; en tanto que haberá ademais dous pases matinais previos dedicados a alumnos de ensino secundario o mércores 27 e o xoves 28 ás 11.00 h.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
| 140 |
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes