AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A VERSIÓN DA OBRA DE OSCAR WILDE FOI VISTA NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO POR 2.430 ESPECTADORES

O CDG inicia en Vigo a xira que levará o espectáculo "Salomé" a 14 escenarios galegos e portugueses

Documento anexo[02/01/2011] O Centro Dramático Galego inicia o vindeiro sábado 8 de xaneiro en Vigo o período de distribución da súa última montaxe, Salomé, dirixida por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde. Tralo éxito de público obtido durante a súa exhibición no Salón Teatro de Santiago, onde congregou un total de 2.430 espectadores nas 17 funcións desenvolvidas, o espectáculo recalará no Centro Cultural Novacaixagalicia (sábado 8 de xaneiro ás 20.30 h) como primeira parada dunha xira que se estenderá ata finais de marzo e durante a que visitará un total de catorce escenarios (once galegos e tres portugueses).
ORGANIZADA POLO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, DESENVOLVERASE DO 26 AO 30 DE DECEMBRO COA PARTICIPACIÓN DE CINCO COMPAÑÍAS GALEGAS

O Salón Teatro pecha a súa programación anual coa Mostra de Teatro Infantil de Nadal

Documento anexo[22/12/2010] O Salón Teatro de Santiago despide a súa programación de 2010 cunha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal, que ofrecerá do 26 ao 30 de decembro cinco espectáculos de teatro actor, clown e monicreques, especialmente pensados para os máis pequenos. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG) ininterrumpidamente desde o ano 2000 e sempre nas mesmas datas, nesta décima edición participan os grupos galegos Limiar Teatro, coa coprodución Os 4 da Xunqueira (na imaxe); Berrobambán, con Bicharada; Tanxarina Títeres, con Trogloditas; Títeres Trompicallo, con O día que chegou un nube e choveu; e Panamesiana Teatro, con Oh, que bonito é Panamá!.
VIGO SERÁ O PRIMEIRO DESTINO DA EXTENSA XIRA DURANTE A QUE A ÚLTIMA PRODUCIÓN DO CENTRO DRAMÁTICO VISITARÁ ONCE ESCENARIOS GALEGOS E TRES PORTUGUESES

O Centro Dramático Galego ofrece as tres últimas funcións de "Salomé" no Salón Teatro, onde xa congregou máis de 2.000 espectadores

Documento anexo[16/12/2010] Un total de 2.014 espectadores asistiron ata o momento ás representacións no Salón Teatro de Santiago da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), Salomé, dirixida por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde. O espectáculo da compañía pública despídese deste escenario con tres últimas funcións o venres 17 e o sábado 18, ás 20.30 horas, e o domingo 19, ás 18.00 horas, para iniciar despois unha extensa xira por un total de once escenarios galegos e tres portugueses.
O PRAZO DE RECEPCIÓN DE ORIXINAIS REMATA O 31 DE DECEMBRO

CDG e Radio Galega convocan a quinta edición do Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico

Documento anexo[10/12/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) e a Radio Galega convocan a quinta edición do Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico, único das súas características en Galicia e pioneiro a nivel estatal no fomento da escrita de textos dramáticos para a radio. O galardón, que conta co patrocinio da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), consolida así a súa traxectoria a prol da recuperación do formato de teatro radiofónico desde unha perspectiva contemporánea, facilitando unha plataforma de creación aberta ás novas linguaxes.
TERÁ LUGAR NO SALÓN TEATRO DO 26 AO 30 DE DECEMBRO COAS COMPAÑÍAS LIMIAR, BERROBAMBÁN, TANXARINA, TROMPICALLO E PANAMESIANA

O CDG organiza unha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal

[04/12/2010] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá do 26 ao 30 de decembro unha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal, na que cinco compañías, todas elas galegas, escenificarán os seus últimos espectáculos especialmente deseñados para público familiar. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG), participarán no ciclo Limiar Teatro, Berrobambán, Tanxarina Títeres, Títeres Trompicallo e Panamesiana Teatro coas súas distintas propostas de teatro actor, clown ou monicreques.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 | 141 | 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal