AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

OS DOCE ALUMNOS PARTICIPANTES REALIZARÁN TRABALLOS ACTORAIS DESDE A IMPROVISACIÓN E O ESTUDO DOS PERSONAXES

Un curso sobre Shakespeare impartido por Alfredo Padilla inaugura o Programa de Formación Continua do CDG

[27/09/2010] Un total de doce alumnos participan a partir de hoxe no Salón Teatro de Santiago no Curso sobre Shakespeare que imparte Alfredo Padilla, actor arxentino afincado en Galicia, especialista en teatro shakesperiano pola Royal Academy of Dramatic Art de Londres. Esta actividade docente, que se celebrará con clases intensivas ata o 30 de setembro, inaugura o novo programa de formación continua do Centro Dramático Galego para a temporada 2010-2011.
ROSA ÁLVAREZ DIRIXE NESTA OCASIÓN A MARÍA BOUZS, ERNESTO CHAO, BELÉN CONSTENLA, ROCÍO GONZÁLEZ E ALBERTO ROLÁN

Lagarta Lagarta inicia no Salón Teatro a xira galega do seu último espectáculo "Cásting (a comedia)"

Documento anexo[22/09/2010] A compañía galega Lagarta Lagarta ocupa esta semana o Salón Teatro de Santiago de Compostela coa súa última produción, Cásting (a comedia) , unha adaptación de Roberto Salgueiro do texto homónimo do realizador de televisión, director e dramaturgo teatral Roger Justafré. Con dirección escénica de Rosa Álvarez; María Bouzas, Ernesto Chao, Belén Constenla, Rocío González e Alberto Rolán compoñen o elenco interpretativo desta montaxe que poderá verse durante catro días continuados de representacións: mañá xoves 23, o venres 24 e o sábado 25 ás 20.30 horas; e o domingo 26 ás 18.00.
PRESENTARÁN O SEU TERCEIRO TRABALLO DISCOGRÁFICO "NIÑO Y PISTOLA AS ARTUR & THE WRITERS"

Volve o ciclo de concertos promocionais ST Música Presente con Niño y Pistola

[20/09/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abre mañá cun concerto no Salón Teatro a cargo de Niño y Pistola a segunda parte do ciclo de concertos "ST Música Presente", dirixido á promoción de traballos discográficos galegos de todos os estilos diante dun público especializado. O grupo galego presentará o seu terceiro larga duración, Niño y Pistola as Arthur & The Writers (Ernie Records, 2010), un tributo aos alter ego, aos nomes falsos dos artistas e ás grandes historias. De novo, o Salón Teatro de Santiago será a sede deste programa de recitais, que nesta nova entrega acollerá outros dous directos protagonizados por Bruma (13 de outubro) e Silvia Penide (22 de outubro).
A PRODUCIÓN FEITA PARA A MIT DE RIBADAVIA VERSIONA POR PRIMEIRA VEZ AO GALEGO UN TEXTO DE THOMAS BERNHARD

A nova compañía Ónfalo presenta no Salón Teatro dúas funcións de "Na meta (sálvese quen poida)"

[16/09/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá venres día 17 e o sábado 18 ás 20:20 horas dúas representacións de Na meta (sálvese quen poida) , unha montaxe de Ónfalo Teatro en coprodución coa Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia que, en clave de humor, reflexiona sobre o éxito e o fracaso, sobre o camiño cara á meta de cadaquén e o que nel se perde e se gaña. Con dramaturxia e dirección de Ana Contreras e Afonso Becerra de Becerreá, e interpretada por Rut Balbís, Luísa Merelas e Toni Salgado, a compañía lucense pon en escena esta peza do dramaturgo austríaco Thomas Bernhard, que se traduce por primeira vez á lingua galega.
O CONSELLEIRO DE CULTURA PRESENTOU O NOVO PERÍODO DE ACTIVIDADE DA COMPAÑÍA PÚBLICA E DO SALÓN TEATRO, CON 64 DÍAS DE APERTURA AO PÚBLICO ATA DECEMBRO

A produción de "Salomé" e o apoio á creación e á exhibición teatrais galegas marcan o inicio de temporada do Centro Dramático Galego

Documento anexo[09/09/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) inicia a súa nova temporada escénica 2010-2011 cun primeiro período de actividade marcado pola produción do seu novo espectáculo, Salomé de Oscar Wilde baixo a dirección de Carlos Santiago, e o apoio á creación e á exhibición teatrais galegas a través da carteleira do Salón Teatro e de diferentes servizos á comunidade escénica. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, presentou hoxe esta programación, a primeira que a compañía pública desenvolve baixo a dirección de Blanca Cendán, con 64 días de apertura ao público entre os meses de setembro e decembro.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 | 142 | 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal