Novas
A MONTAXE DE JOSÉ PRIETO ESCENIFICARASE O VENRES 10 E O SÁBADO 11 ÁS 20.30 HORAS
[03/09/2010] O Salón Teatro de Santiago inaugura o vindeiro venres 10 de setembro a súa nova temporada de exhibición con dúas funcións do último espectáculo da compañía Obras Públicas,
Life is a paripé, que terán lugar o venres 10 e o sábado 11 ás 20.30 horas. O espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) abre así un novo ciclo de programación cuadrimestral, que será presentado publicamente o vindeiro xoves día 9.
MAÑÁ ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ESTE ENCONTRO INTENSIVO, QUE SE DESENVOLVERÁ DO 27 AO 30 DE SETEMBRO EN SESIÓNS DE SETE HORAS DIARIAS
[31/08/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza o Curso sobre Shakespeare que Alfredo Padilla, actor arxentino afincado en Galicia, impartirá do 27 ao 30 de setembro no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Especialista en teatro shakespeariano pola Royal Academy of Dramatic Art de Londres, Padilla desenvolverá cos alumnos as potencialidades creativas arredor da obra do gran dramaturgo inglés, tendo en conta o estilo, o xogo dramático e o contorno no que se desenvolve o actor.
PRESENTÁRONSE 215 PERSOAS PARA OBTER ALGÚN PAPEL DOS SEIS PERSONAXES DO ESPECTÁCULO
[29/07/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) realizará audicións a 64 actores e actrices que aspiran a obter algún dos papeis dos seis personaxes previstos para o espectáculo
Salomé, primeira produción da compañía pública para a próxima temporada coa que se abre a xestión de Blanca Cendán como directora da entidade. As probas realizaranse no Salón Teatro ao longo da semana que vén diante dun tribunal no que participará Carlos Santiago, director de escena escollido para montar unha adaptación da obra orixinal de Oscar Wilde.
AS REPRESENTACIÓNS SERÁN O MÉRCORES 28 E O XOVES 29 ÁS 21:30 HORAS
[26/07/2010] O Salón Teatro de Santiago despide a temporada de exhibición 2009-2010 con dúas funcións do espectáculo do Centro Coreográfico Galego
Etheria, a viaxe soñada, que terán lugar os días 28 e 29 de xullo ás 21:30 horas. A peza que dirixe a coruñesa Mercedes Suárez é a cuarta produción propia da unidade de danza pertencente á Consellería de Cultura e Turismo a través de Agadic.
UN TOTAL DE 54 FORMACIÓNS DE TEATRO, MÚSICA E DANZA OCUPARON DESDE OUTUBRO O ESCENARIO QUE XESTIONA O CDG
[06/07/2010] O Salón Teatro, espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) en Santiago de Compostela, congregou un total de 14.442 espectadores nas 106 funcións escénicas e musicais desenvolvidas na temporada 2009-2010 que finaliza a finais de xullo. Trala celebración este mes de tres concertos do festival de música Via Stellae (días 8, 13 e 20) e de dous pases do novo espectáculo do Centro Coreográfico Galego,
Etheria, a viaxe soñada (días 28 e 29), o Salón Teatro reabrirá as súas portas o 10 de setembro coa inauguración da carteleira correspondente á nova temporada.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
| 143 |
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes