Novas
O AFORO ESTÁ LIMITADO A 80 ESPECTADORES QUE SE UBICARÁN NO ESCENARIO E DECIDIRÁN SE QUEREN CONTINUAR VENDO A REPRESENTACIÓN INICIAL OU ESCOITAR AOS ESPONTÁNEOS
[20/05/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin semana (sábado 22 ás 20.30 horas e domingo 23 ás 18.00) o espectáculo de Kamikaze Producciones
La función por hacer, unha adaptación libre de Miguel del Arco e Aitor Tejada sobre a obra de Luigi Pirandello
Seis personaxes en busca de autor. A montaxe da compañía madrileña, considerada unha das máis importantes revelacións da actual temporada a nivel estatal, desenvolve unha escenificación moi especial, ao situar en primeiro plano a interacción coas únicas 80 persoas que conforman todo o público posible en cada pase.
DESPOIS DE 30 ANOS DE SILENCIO MUSICAL, REAPARECE ARROUPADA POR UNHA NOVA XERACIÓN DE MÚSICOS COMO DEVENDRA BANHART, JOANNA NEWSOM OU ANIMAL COLLECTIVE
[11/05/2010] O Festival Sinsal pecha mañá a cuarta edición da súa extensión en Santiago de Compostela co concerto que ofrecerá
Vashti Bunyan a partir das 22.00 horas no Salón Teatro. Na que é a súa primeira actuación en Galicia, a cantautora folk inglesa repasará os temas que marcaron a súa particular traxectoria profesional, que retomou tras 30 anos de silencio arroupada por unha nova xeración de músicos como Devendra Banhart, Joanna Newsom ou Animal Collective, entre outros.
ORGANIZADO POR PORTEGAL, PORTAL GALEGO DE TÉCNICOS DE ESCENA NA INTERNET, CÉNTRASE NOS ASPECTOS PRÁCTICOS DESTE EQUIPAMENTO DIXITAL DE MESTURAS
[11/05/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle durante toda a xornada de hoxe un seminario sobre o sistema dixital de mesturas de son conformado pola mesa Roland M400 e as unidades M-48 e Digital Snake, no que están a participar unha quincena de profesionais. Organizado polo portal dos técnicos de escena de Galicia na internet, Portegal, en colaboración co Centro Dramático Galego e coa firma Roland, o encontro diríxese aos técnicos de son, tanto de teatro como de todo tipo de espectáculo, cunha finalidade eminentemente práctica.
INTERPRETA OS PRETO DE VINTE PERSONAXES DESTE ESPECTÁCULO PRODUCIDO POLA COMPAÑÍA GALEGA EME2 A PARTIR DOS TEXTOS DE DARIO FO, FRANCA RAME E JACOPO FO
[06/05/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana (sábado 8 ás 20.30 horas e domingo 9 ás 18.00 h) o inicio da xira de
Sexo? Por que non?, o novo espectáculo da compañía galega Eme2 que interpreta a actriz Mercedes Castro baixo a dirección escénica de Álvaro Lavín. Baseada nos textos de Darío Fo, Franca Rame e Jacopo Fo, trátase dunha trepidante comedia que pretende desdramatizar os tabús arredor do sexo, fuxindo do chiste fácil e amosando situacións cotiás en torno ao encontro carnal e ao pouco que del sabemos na sociedade occidental.
O CONSELLEIRO DE CULTURA PRESENTOU A BLANCA CENDÁN COMO NOVA DIRECTORA DA COMPAÑÍA PÚBLICA, QUE INICIA ESTA ETAPA APOSTANDO POR NOVOS CRITERIOS ARTÍSTICOS E DE XESTIÓN
[05/05/2010] O espectáculo
Salomé, a partir da obra de Oscar Wilde, abrirá a próxima temporada 2010-2011 do Centro Dramático Galego (CDG) como primeira produción propia da nova etapa que a compañía pública inicia baixo a dirección de Blanca Cendán. Incorporada ao seu posto dende hai unha semana, a directora foi presentada hoxe polo conselleiro de Cultura, Roberto Varela Fariña, nun acto no que tamén se adiantaron as que serán as súas principais liñas de traballo e os novos criterios que aplicará tanto dende o punto de vista artístico como de xestión.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
| 146 |
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes