Novas
AS COMPAÑÍAS MADRILEÑAS KAMIKAZE E K PRODUCCIONES FIGURAN TAMÉN NA OFERTA DE ESPECTÁCULOS, ADEMAIS DOS RECITAIS DE VASHTI BUNYAN E LORENA LORES
[03/05/2010] A montaxe da compañía galega EME2 Emoción&Arte
Sexo? Por que non? inicia a programación de maio do Salón Teatro de Santiago de Compostela como primeira entrega dunha variada carteleira que dá cabida a un total de seis funcións teatrais e dous concertos. O espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) acollerá tamén as últimas propostas escénicas dos grupos madrileños Kamikaze e K Producciones, a música en directo de Vashti Bunyan e Lorena Lores, a proxección de varias curtas dentro do festival Curtocircuíto e o inicio da Mostra Internacional de Teatro Universitario.
INTERPRETARÁN MAÑÁ, ÁS 20.30 H, NO SALÓN TEATRO OS TEMAS DE "FOLKFUSIÓN", TÍTULO DO SEU NOVO TRABALLO DISCOGRÁFICO QUE DEFINE ASÍ MESMO O SON CARACTERÍSTICO DA BANDA
[29/04/2010] O concerto de BellónMaceiras Quinteto pechará mañá, ás 20.30 horas no Salón Teatro de Santiago, a primeira entrega do programa "ST Música Presente", creado pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) co obxectivo de facilitar a promoción especial de novos traballos discográficos galegos a través de actuacións dirixidas preferentemente a un público especializado, pero abertas tamén a todos os espectadores interesados en función do aforo dispoñible. Promovido xunto a Abada Xestión Cultural, no concerto de mañá a banda interpretará os temas de
Folkfusión, título do seu primeiro disco como quinteto que define, asemade, a principal característica do seu son.
O CANTANTE E GUITARRISTA ESCOCÉS GARETH DICKSON ABRIRÁ ESTA NOVA CITA COMPOSTELÁ COA MÚSICA DE VANGARDA, QUE TERÁ LUGAR MAÑÁ XOVES 29 A PARTIR DAS 22.00 HORAS
[28/04/2010] O Salón Teatro de Santiago ofrece mañá xoves día 29, a partir das 22.00 horas, o concerto da cantante arxentina
Juana Molina, unha das artistas máis sorprendentes e de maior proxección da escena indie folk internacional. Inserida na programación da extensión en Santiago do Festival Sinsal, a súa actuación estará precedida da do cantante e guitarrista escocés
Gareth Dickson.
A BANDA PRESENTARÁ A PARTIR DAS 20.30 HORAS OS TEMAS DE "SEN PLANETA", O SEU SEGUNDO TRABALLO DISCOGRÁFICO
[26/04/2010] A banda de folk Ophiusa protagonizará mañá martes 27, ás 20.30 horas no Salón Teatro, a quinta e penúltima das citas inseridas no primeiro ciclo de concertos ST Música Presente, posto en marcha pola AGADIC co obxectivo de facilitar a promoción especial de discos galegos a través de concertos dirixidos preferentemente a un público especializado, pero abertos tamén a todos os espectadores interesados en función do aforo dispoñible. No caso da actuación de mañá, promovido xunto coa empresa Nonsí Servizos Culturais, o grupo compostelán presentará en directo os temas de
Sen planeta, o seu segundo traballo de estudio.
A MONTAXE COMBINA HUMOR, MISTERIO E MELANCOLÍA NUNHA HISTORIA QUE COMEZA CANDO A APARICIÓN DUN CADÁVER RACHA A APARENTE TRANQUILIDADE DUNHA IDÍLICA HOSPEDARÍA
[22/04/2010] Familie Flöz, compañía alemá pioneira no uso de máscaras no teatro contemporáneo, recala mañá venres 23 e o sábado 24 ás 20.30 horas no Salón Teatro de Santiago de Compostela para presentar a súa peza de teatro xestual
Hotel Paradiso. Neste espectáculo sen texto mestúranse moi diversas disciplinas escénicas que dan como resultado un xénero propio e difícil de clasificar, co que esta formación con sede en Berlín recibiu o recoñecemento internacional.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
| 147 |
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes