Novas
O RELATORIO, DE ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR O AFORO, TERÁ LUGAR MAÑÁ DÍA 22 ÁS 19.30 H
[21/04/2010] A mestra e coreógrafa María Dolores Fojón impartirá mañá xoves 22 ás 19.30 horas no Salón Teatro de Santiago a conferencia "A lectura e a danza", que organiza o Centro Coreográfico Galego (CCG) como xeito de conxugar as celebracións este mes dos días internacionais do libro (23 de abril) e da danza (29 de abril). De entrada libre ata completar o aforo, o relatorio ofrecerá un percorrido pola historia da danza a través da visión que das artes do movemento e da súa evolución ofreceron pensadores e escritores de todos os tempos.
PRESENTARÁ EN DIRECTO O SEU DISCO DE DEBUT, "INTRODUCING", CO QUE O SELO FALCATRUADA INAUGURA A NOVA COLECCIÓN "AZOS"
[19/04/2010] O programa de concertos promocionais "ST Música Presente" continúa este mes de abril no Salón Teatro de Santiago, onde mañá martes día 20 ás 20.30 horas terá lugar a actuación do grupo de jazz de Álvaro Vieito. O compositor e guitarrista do Porriño presentará en directo o seu primeiro traballo de estudio,
Introducing Álvaro Vieito, co que o selo Falcatruada pon en marcha unha nova colección discográfica baixo o título xenérico de
Azos Jazz e a dirección artística de Abe Rábade.
NO EVENTO, QUE SE CELEBRARÁ MAÑÁ ÁS 20.00 H, INTERPRETARANSE FRAGMENTOS DAS OBRAS FINALISTAS, ENTREVISTARASE AOS PROTAGONISTAS E ACTUARÁ EN DIRECTO O GRUPO STRANNIKI
[14/04/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) e a Radio Galega organizan a gala de entrega do IV Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que se desenvolverá no Teatro Principal de Ourense mañá xoves 15 de abril, a partir das 20.00 horas, e no transcurso da que Vanesa Martínez Sotelo recollerá o galardón do xurado pola obra
Indoor e Begoña García Ferreira, o do público por
O vento da illa, cunha dotación económica de 3.000 euros en ambos casos.
O CONSELLO DE DIRECCIÓN DA AGADIC, PRESIDIDO POLO CONSELLEIRO DE CULTURA E TURISMO, ACORDOU HOXE O SEU NOMEAMENTO
[09/04/2010] O Consello de Dirección da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) resolveu hoxe o nomeamento da actriz Blanca Cendán como nova directora do Centro Dramático Galego (CDG). Na reunión, que se desenvolveu esta tarde baixo a presidencia do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, acordouse a designación de Cendán por ser a candidata máis valorada entre a terna de aspirantes que optaron ao posto, convocado por vez primeira por proceso público de selección (DOG de 28 de xaneiro de 2010).
TEATRO, MÚSICA EN VIVO E DANZA ÚNENSE NESTE ESPECTÁCULO, ONDE OS PERSONAXES SE DEBATEN ENTRE A OBSESIÓN POR RECORDAR E A IMPORTANCIA DE ESQUECER
[07/04/2010] A plataforma Voadora estrea este venres 9 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago o espectáculo
Super8, unha comedia musical realizada en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG) da que ofrecerá outras dúas funcións na fin de semana (sábado 10 ás 20.30 h e domingo 11 ás 18.00 h). Teatro, música en vivo e danza únense para dar forma a unha montaxe que, partindo do cine como metáfora da memoria e da memoria como teatro do vivido, xira arredor duns personaxes que se debaten entre a obsesión por recordar e a importancia de esquecer.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
| 148 |
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes