Novas
A DERRADEIRA FUNCIÓN DA MONTAXE DIRIXIDA POR XÚLIO LAGO, A PARTIR DA OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO, TERÁ LUGAR O VINDEIRO SÁBADO 3 DE ABRIL ÁS 20.30 HORAS
[31/03/2010] O Teatro Jofre de Ferrol acolle o vindeiro sábado 3 de abril ás 20.30 horas a derradeira función do espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG)
As actas escuras, pechando así unha xira que ata o momento congregou 4.250 espectadores en sete escenarios galegos. En total, serán 27 as representacións que a compañía pública terá ofrecido desta obra de Roberto Vidal Bolaño, recuperada para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco de 14 recoñecidos actores e actrices.
CATRO FADISTAS CANTAN "Á DESGARRADA" O SÁBADO 27 ÁS 20:30 H
[25/03/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle este sábado 27 ás 20.30 horas a actuación de
Casa de Fados, unha iniciativa musical na que concorren diferentes instrumentistas e cantantes, primeiras figuras do fado xunto a novas promesas recoñecidas como herdeiras de voces como Amália Rodrigues ou Carlo do Carmo. Esta formación portuguesa, consolidada como unha das máis relevantes no seu xénero, presenta no espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG)
Em concerto , o seu primeiro traballo discográfico gravado en directo durante as súas xiras.
O CONSELLEIRO DE CULTURA E TURISMO ASISTIRÁ Á REPRESENTACIÓN DO DOMINGO, COINCIDINDO COA CONMEMORACIÓN ESTA FIN DE SEMANA DO DÍA MUNDIAL DO TEATRO
[25/03/2010] O Teatro Principal de Ourense acolle este sábado 27 de marzo ás 20.30 horas e o domingo 28 ás 19.00 h senllas funcións da última produción do Centro Dramático Galego (CDG),
As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño que a compañía pública recuperou para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Con ocasión da representación deste espectáculo na fin de semana na que se conmemora o Día Mundial de Teatro, o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, ten previsto desprazarse até Ourense o próximo domingo para asistir ao segundo dos pases que o CDG ofrecerá na cidade.
O CANTAUTOR OURENSÁN INTERPRETARÁ OS TEMAS DE "INTERIOR", O SEU TERCEIRO DISCO, A PARTIR DAS 20.30 H
[24/03/2010] O cantautor ourensán
Emilio Rúa ofrecerá un concerto o vindeiro venres día 26 ás 20.30 horas no Salón Teatro de Santiago como parte do programa "ST Música Presente", no marco do que presentará
Interior, o seu terceiro traballo discográfico que sae ao mercado esta mesma semana. Como no resto dos directos inseridos neste ciclo que promove a Consellería de Cultura e Turismo a través da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), esta actuación congregará público especializado -programadores, promotores de festivais e certames de música, distribuidores, prensa especializada e outros axentes culturais- e abrirase tamén ao resto de espectadores interesados, en función do aforo dispoñible.
PRESENTARÁ EN DIRECTO "TIRÁN", O SEU DEBUT DISCOGRÁFICO EN SOLITARIO, A PARTIR DAS 20.30 HORAS
[22/03/2010] O gaiteiro
Anxo Lorenzo protagonizará o vindeiro mércores 24, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago a segunda das actuacións do programa "ST Música Presente", creado pola Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo para a promoción especial de traballos discográficos galegos a través de concertos dirixidos preferentemente a un público especializado, pero abertos tamén a todos os espectadores interesados en función do aforo dispoñible.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
| 149 |
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes