Novas
RETÓMANSE AS ACCIÓNS DE DINAMIZACIÓN DA INDUSTRIA CULTURAL DE GALICIA E NORTE DE PORTUGAL MEDIANTE A COLABORACIÓN CO FESTIVAL DE CINE DOCUMENTAL DE TUI
[18/03/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo inicia o programa
CREATIVA para 2010 coa colaboración co festival
Play-Doc de Tui no desenvolvemento dun taller-seminario para novos realizadores e outras actividades conxuntas de difusión da industria audiovisual de Galicia e do Norte de Portugal. Baixo o título
O retrato filmado #02 o retrato memoria, o obradoiro centrará a participación de CREATIVA no certame internacional de cine documental tudense, dentro do que se levarán a cabo, ademais, outras accións conxuntas, tales como un concerto a cargo da banda lisboeta Batida, a incorporación de Darío Silva Oliveira -director do prestixioso Festival Internacional de Curtas de Vila do Conde- ao xurado internacional ou a proxección da película
Luanda, a fábrica da música, da portuguesa Inés Gonçalves e Kiluanje Liberdade.
O TEATRO ROSALÍA CASTRO ACOLLE DÚAS FUNCIÓNS O VENRES 19 E O SÁBADO 20 ÁS 20.30 H
[17/03/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta esta fin de semana (venres 19 e sábado 20, ás 20.30 horas) no Teatro Rosalía Castro da Coruña
As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.
FERNÁNDEZ FASERO PRESENTOU ESTA INICIATIVA, DESTINADA PRIORITARIAMENTE Á PRESENTACIÓN DE NOVOS TRABALLOS DISCOGRÁFICOS GALEGOS DIANTE DUN PÚBLICO ESPECIALIZADO
[16/03/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) pon en marcha o programa de concertos "ST Música Presente", dirixido á promoción de traballos discográficos galegos de todos os estilos diante dun público especializado, coa actuación que o grupo
Linho do Cuco ofrecerá o vindeiro xoves 18, ás 20.30 horas, no Salón Teatro. O espazo compostelán será a sede deste novo ciclo, que na súa primeira entrega acollerá outros cinco directos a cargo de
Anxo Lorenzo (24 de marzo),
Emilio Rúa (26 de marzo),
Álvaro Vieito Cuarteto (20 abril),
Ophiusa (27 de abril) e
BellónMaceiras Quinteto (30 de abril). O público xeral tamén poderá acceder a estes concertos, sempre en función do aforo finalmente dispoñible.
RAQUEL VEGANZONES E GIRISHO GORDON DESEÑARON PARA O PROXECTO UN TRAPECIO DE TRES BARRAS E UN ARNÉS QUE, CAMUFLADO BAIXO A ROUPA, OFRECE NOVAS FORMAS DE SUXEICIÓN
[15/03/2010] Losing Grip, da compañía con sede en Santiago Circo Expreso, será un dos dez proxectos artísticos beneficiarios do programa Xóvenes Talentos do Circo Europeo (Jeunes Talents Cirque Europe-JTCE), tras ser elixido por un xurado internacional entre o total de 33 finalistas desta iniciativa europea de apoio a novos creadores no ámbito das artes circenses. O dúo que integran Raquel Veganzones e Girisho Gordon participou na mostra clasificatoria organizada a finais de xaneiro polo Centro Dramático Galego (CDG), onde o comité de selección valorou a orixinalidade da proposta de circo aéreo que se desenvolve a partir de dous elementos creados
ad hoc: un trapecio de tres barras colocadas a modo de escada e un arnés que, camuflado baixo a roupa, lles ofrece novas e sorprendentes formas de suxeición.
O CENTRO CULTURAL CAIXANOVA ACOLLE O MÉRCORES 17 DE MARZO, ÁS 20.30 HORAS, UNHA ÚNICA FUNCIÓN DO ESPECTÁCULO DIRIXIDO POR XÚLIO LAGO
[15/03/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta o vindeiro mércores 17 de marzo, ás 20.30 h, no Centro Cultural Caixanova de Vigo
As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada 18 anos despois da súa escrita para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
| 150 |
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes