Novas
A OBRA QUE MARCOU A ENTRADA DO DRAMATURGO FRANCÉS NO CHAMADO TEATRO DO ABSURDO REPRESENTARASE O SÁBADO 13 ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 14 ÁS 18.00 H
[11/03/2010] O Salón Teatro de Santiago recibe esta fin de semana á compañía catalá Sala Muntaner, que ofrecerá dúas funcións (sábado 13 ás 20.30 horas e o domingo 14 ás 18.00 h) do seu espectáculo
Genet-Las criadas, realizado a partir da obra de Jean Genet que marcou a entrada do novelista, poeta e dramaturgo francés no chamado "teatro do absurdo". Con dirección escénica de Manel Dueso, e seguindo unha indicación do propio autor, os tres personaxes femininos son representados por homes, para potenciar así o xogo teatral.
O CUARTETO DE POST-ROCK TOCARÁ O VINDEIRO XOVES 11 A PARTIR DAS 22.00 H DESPOIS DE ESGOTAR EN DOUS DÍAS AS ENTRADAS RESERVADAS PARA A VENDA ANTICIPADA
[09/03/2010] A banda xaponesa de rock
Mono inaugurará unha nova edición da extensión do Festival Sinsal en Santiago co concerto que ofrecerá no Salón Teatro o vindeiro xoves 11 de marzo, a partir das 22.00 horas, despois de esgotar en apenas dous días todas as entradas dispoñibles para a venda anticipada. A actuación do cuarteto -inserida dentro da xira internacional de presentación do seu quinto e último traballo discográfico,
Hymn To The Inmortal Wind- estará precedida da de Joe McPhee & Chris Corsano como artistas convidados. Saxofonista e percusionista, respectivamente, estes dous músicos asinan unha das colaboracións máis aplaudidas do free-jazz contemporáneo.
A OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO SUBE POR PRIMEIRA VEZ AOS ESCENARIOS DIRIXIDA POR XÚLIO LAGO E INTERPRETADA POR UN ELENCO DE 14 RECOÑECIDOS ACTORES E ACTRICES
[04/03/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta mañá venres 5 de marzo, ás 21.30 h, no Teatro Municipal Área Panorámica de Tui
As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.
A MONTAXE COA QUE A COMPAÑÍA GALEGA CONMEMORA O SEU VIXÉSIMO QUINTO ANIVERSARIO REPRESENTARASE O XOVES 4, VENRES 5 E SÁBADO 6, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 7, ÁS 18.00
[02/03/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle esta semana
O xogo de Yalta. Afterplay, a última produción de Teatro do Atlántico que reúne nun único espectáculo dúas pezas do dramaturgo irlandés Brian Friel e coa que a compañía galega celebra os seus 25 anos de traxectoria artística. Con dirección escénica de Xúlio Lago, o cuarteto interpretativo que compoñen Victoria Pérez, Damián Contreras, Gonzalo M. Uriarte e María Barcala ofrecerá catro funcións desta montaxe o xoves 4, venres 5 e sábado 6, ás 20.30 horas, e o domingo 7, ás 18.00 horas.
O ESPECTÁCULO DIRIXIDO POR XÚLIO LAGO REPRESÉNTASE O VINDEIRO VENRES 26 DE FEBREIRO, ÁS 21.00 HORAS, NO TEATRO LAURO OLMO
[24/02/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta este venres 26 de febreiro, ás 21.00 h, no Teatro Lauro Olmo do Barco
As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño recuperada 18 anos despois da súa escrita para os escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
| 151 |
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes