Novas
REPRESENTANTES DAS ASOCIACIÓNS DO SECTOR REÚNENSE MAÑÁ CO DIRECTOR DA AGADIC PARA PROPOÑER DOUS DOS VOGAIS DA COMISIÓN DE VALORACIÓN, SEGUNDO ESTABLECEN AS BASES
[28/01/2010] O
Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria do concurso público para a contratación do novo director/a do Centro Dramático Galego (CDG), de xeito que os candidatos teñen de prazo ata o vindeiro 15 de febreiro para remitir as súas solicitudes á Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), entidade da que depende a compañía pública. En relación con este procedemento de selección, os representantes das principais asociacións profesionais do sector reuniranse mañá co director da AGADIC, Juan Carlos Fernández Fasero, para propoñer dúas persoas de recoñecido prestixio no ámbito das artes escénicas como vogais da comisión de valoración, tal e como establecen as bases.
UNHA DECENA DE CENTROS DE ENSINO DE TODA GALICIA INSCRIBIUSE NAS FUNCIÓNS MATINAIS PROGRAMADAS PARA ALUMNOS DE BACHARELATO
[27/01/2010] Un total de 1.252 espectadores asistiron en Santiago ás primeiras funcións da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG),
As actas escuras, que se sitúa deste xeito entre as montaxes con maior ocupación das exhibidas pola compañía pública nos últimos anos. Xúlio Lago dirixe esta primeira posta en escena da obra de Roberto Vidal Bolaño, que rexistrou un gran éxito tanto nos pases para público xeral (venres e sábados, ás 20.30 h, e domingos, ás 18.00 h) como na primeira representación matinal para institutos celebrada a semana pasada. O espectáculo, estreado o pasado día 15, permanecerá en cartel no Salón Teatro ata o 7 de febreiro.
OS PASES PARA PÚBLICO XERAL DA OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO, DIRIXIDA POR XÚLIO LAGO, CELÉBRANSE OS VENRES E SÁBADOS ÁS 20.30 HORAS E OS DOMINGOS ÁS 18.00 HORAS
[21/01/2010] O Centro Dramático Galego retoma esta fin de semana (venres 22 e sábado 23 ás 20.30 horas e domingo 24 ás 18.00 horas) no Salón Teatro de Santiago as funcións para público xeral da súa nova produción,
As actas escuras, de Roberto Vidal Bolaño baixo a dirección escénica de Xúlio Lago. O espectáculo, que recupera esta gran obra sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética 18 anos despois da súa escrita, permanecerá en Compostela ata o vindeiro día 7 de febreiro ofrecendo cinco pases semanais, dous deles concertados con institutos (mércores e xoves, ás 10.30 horas).
O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS É DE 15 DÍAS HÁBILES A PARTIR DA PUBLICACIÓN DAS BASES DA CONVOCATORIA NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA
[15/01/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) iniciou o procedemento de selección para o posto de director/a do Centro Dramático Galego (CDG), que se realizará, por vez primeira nos 25 anos de traxectoria da institución, mediante concurso público e segundo a aplicación das bases aprobadas polo Consello de Dirección deste organismo da Consellería de Cultura e Turismo. A persoa seleccionada desenvolverá labores tanto de dirección artística coma de xestión, a súa contratación realizarase baixo a modalidade de alta dirección e percibirá unha retribución bruta anual de 39.432,89 euros.
A NOVA PRODUCIÓN DA COMPAÑÍA PÚBLICA ESTRÉASE O VENRES DÍA 15 NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO, ONDE SE EXHIBIRÁ ATA O 7 DE FEBREIRO PARA INICIAR DESPOIS A SÚA XIRA GALEGA
[13/01/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este venres día 15 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago a súa nova produción,
As actas escuras, obra de Roberto Vidal Bolaño que sube por primeira vez aos escenarios da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices. A recuperación deste texto 18 anos despois da súa escrita supón todo un fito no panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores este gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
| 153 |
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes