Novas
O ESPAZO QUE XESTIONA EN SANTIAGO O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO INCREMENTOU EN MÁIS DUN 30 POR CENTO A CIFRA DE ASISTENTES RESPECTO DO ANO ANTERIOR
[08/01/2010] O Salón Teatro de Santiago, espazo xestionado polo Centro Dramático galego (CDG), pechou 2009 cun total de 14.313 espectadores nas 105 funcións que configuraron a súa carteleira anual. Este balance de asistencia supón un incremento superior ao 30% respecto do rexistrado o ano anterior, confirmando así o respaldo do público a unha programación que estivo protagonizada por 31 formacións artísticas e na que tiveron unha destacada presenza as expresións escénicas máis actuais, ademais das producións propias do CDG.
TROMPICALLO INAUGURA O VINDEIRO SÁBADO DÍA 26 ESTE CICLO, QUE SE ESTENDERÁ ATA O MÉRCORES 30 OFRECENDO MONTAXES DE MONICREQUES, DANZA E TEATRO DE ACTOR E OBXECTOS
[23/12/2009] O Salón Teatro de Santiago despide a súa programación de 2009 cunha nova edición da xa tradicional Mostra de Teatro Infantil de Nadal, que ofrecerá do 26 ao 30 de decembro cinco espectáculos de monicreques, danza e teatro de actor e obxectos especialmente pensados para os nenos e nenas. Organizado polo Centro Dramático Galego (CDG), no ciclo participan os grupos galegos Trompicallo Teatro con
Violeta Coletas contra as salchichas Gulp! e Caramuxo Teatro con
Os Bolechas, así como o colectivo catalán de danza Àngels Margarit/Cía Mudances con
Flexelf (na imaxe), o portugués Teatro de Montemuro con
Mãos Grandes e a compañía de Castela-A Mancha A Priori Producciones con
El sable y la paloma.
A NOVELA DE ALEJANDRO PALOMAS FOI ADAPTADA POR ROBERTO SALGUEIRO E CONTA CON DIRECCIÓN ESCÉNICA DE ROSA ÁLVAREZ
[15/12/2009] A compañía galega Lagarta Lagarta ocupa esta semana o Salón Teatro de Santiago de Compostela coa súa última produción,
O segredo dos Hoffman , unha adaptación de Roberto Salgueiro da novela homónima do autor catalán Alejandro Palomas. Con dirección escénica da coñecida actriz Rosa Álvarez, o cuarteto interpretativo que compoñen Xosé Barato, Ernesto Chao, Belén Constenla e Rebeca Montero ofrecerá catro funcións desta montaxe o xoves 17, o venres 18 e o sábado 19 ás 20.30 horas; e o domingo 20 ás 18.00.
O CONCERTO DO GRUPO DE BROOKLYN, CONSIDERADO UNHA DAS PROMESAS DA ESCENA "UNDERGROUND" NORTEAMERICANA, DARÁ COMEZO ÁS 22.00 H
[09/12/2009] O Salón Teatro acolle mañá xoves día 10, ás 22.00 horas, unha nova cita coa música de vangarda da man do grupo norteamericano
Woods, co que se clausura a programación de 2009 da extensión do Festival Sinsal en Santiago. Considerada como unha das promesas do
underground estadounidense, a banda de Brooklyn visita Compostela dentro da xira na que está a presentar o seu último traballo discográfico,
Songs of Shame, onde volve facer gala dunha mestura de sons e estilos que a crítica define como folk alternativo con tinturas psicodélicas.
ACTUARÁN CINCO COMPAÑÍAS ENTRE O 26 E O 30 DE DECEMBRO
[07/12/2009] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá do 26 ao 30 de decembro a Mostra de Teatro Infantil de Nadal, na que cinco compañías escenificarán os seus últimos espectáculos especialmente deseñados para público familiar. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG), participarán no ciclo os grupos galegos Trompicallo e Caramuxo, o colectivo de danza catalá Àngels Margarit / Cía. Mudances, o portugués Teatro de Montemuro e a compañía A Priori Producciones, procedente de Guadalaxara.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
| 154 |
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes