Novas
O CERTAME TEN UNHA DOTACIÓN TOTAL DE 6.000 EUROS PARA AS CATEGORÍAS DO XURADO E DO PÚBLICO
[05/12/2009] O Premio "Diario Cultural" de Teatro Radiofónico, que promoven a Radio Galega e o Centro Dramático Galego (CDG), publicou a convocatoria da súa cuarta edición, para a que xa está aberto o prazo de presentación de orixinais. A iniciativa, que conta co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) da Consellería de Cultura e Turismo, ten por finalidade o fomento da escrita de textos dramáticos para a radio.
TRECE ACTORES, BAILARÍNS E CANTANTES PORÁN EN ESCENA DÚAS FUNCIÓNS DESTE ESPECTÁCULO CARGADO DE FURIA, IRA E IMPOTENCIA O SÁBADO 28, ÁS 20.30 HORAS E O DOMINGO 29, ÁS 18.00
[26/11/2009] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana
Dies Irae. En el Réquiem de Mozart, o último espectáculo da Compañía Marta Carrasco, onde a célebre peza do compositor austríaco se converte nunha misa de defuntos irreverente e grotesca. Trala súa estrea no Festival Temporada Alta de SALT en Xirona a finais do pasado mes de outubro, e despois de permanecer durante catro días no madrileño Teatro de La Abadía cunha excelente acollida de público, a montaxe recala no espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego para ofrecer dúas funcións o sábado 28, ás 20.30 h e o domingo 29, ás 18.00 h.
A COMPAÑÍA DE ANA VALLÉS REALIZOU UNHA SEMANA DE RESIDENCIA ARTÍSTICA NO ESPAZO DO CDG
[23/11/2009] Matarile Teatro ofrecerá mañá martes 24 de novembro, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago, un ensaio aberto da súa nova produción,
Cerrado por aburrimiento , como actividade previa á súa estrea o venres 26 no Teatro Colón Caixa Galicia da Coruña. O pase, que se realizará diante de público convidado, porá o colofón á semana de residencia artística desenvolvida pola compañía compostelá no escenario que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG), durante a que se efectuaron os últimos axustes técnicos e artísticos do espectáculo.
O CDG PARTICIPA NESTA INICIATIVA, NA QUE COMPETIRON 149 PROXECTOS
[19/11/2009] A compañía Duelirium, coa obra titulada
Aviadoras ; e a creadora Raquel Veganzones con
Losing Grip , resultaron seleccionadas como finalistas para pasar a formar parte da carteleira artística de
Xóvenes Talentos do Circo Europeo, un programa financiado pola Unión Europea (UE) que ten por obxectivo promover e incentivar o traballo dos artistas emerxentes dentro da categoría de novo circo como xénero escénico. O Centro Dramático Galego (CDG) participa nesta iniciativa xunto a outras doce entidades con sede en catro grandes áreas xeográficas europeas.
NUNO CARDOSO DIRIXE ESTA VERSIÓN DA PEZA MÁIS AUTOBIOGRÁFICA DO AUTOR NORTEAMERICANO, CONSIDERADA UN DOS TEXTOS ESENCIAIS DA DRAMATURXIA DO SÉCULO XX
[28/10/2009] O Salón Teatro ofrece esta fin de semana dúas funcións (o sábado 31 ás 20.30 h e o domingo 1 ás 18.00) do espectáculo
Jardim Zoológico de Cristal, obra de Tennessee Williams dirixida por Nuno Cardoso para a compañía portuguesa Ao Cabo Teatro. O escenario que xestiona o Centro Dramático Galego acolle en exclusiva a presentación fóra de Portugal desta montaxe, que chega a Santiago tralo éxido acadado na súa estrea no Centro Cultural Vila Flor de Guimarães.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
| 155 |
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes