Novas
O ESPECTÁCULO, DIRIXIDO POR ÁLEX RIGOLA E CUN AMPLO ELENCO ENCABEZADO POR LLUÍS MARCO E JOAN CARRERAS, PODERÁ VERSE O SÁBADO 24 ÁS 20.30 E O DOMINGO 25 ÁS 18.00 H
[22/10/2009] O Salón Teatro acolle esta fin de semana (sábado 24 ás 20.30 h e domingo 25 ás 18.00 h) a posta en escena da última produción de Teatre Lliure,
Nixon-Frost. Baixo a dirección de Álex Rigola e cun elenco de 10 actores e actrices que presenta a Lluís Marco e Joan Carreras nos papeis protagonistas, a emblemática compañía catalá recrea o episodio das desculpas televisivas do ex-presidente norteamericano Richard Nixon trala súa dimisión polo caso Watergate.
A COMPAÑÍA PÚBLICA CONCLÚE O SEU PROGRAMA DE RESIDENCIAS ARTÍSTICAS PARA 2009
[07/10/2009] Os artistas circenses Georgina Domingo e Julien Vittecoq, dúo fundador da compañía de novo circo franco-catalá Cridacompany, amosarán mañá diante do público o resultado do traballo creativo que viñeron desenvolvendo nas últimas semanas dentro da súa residencia artística no Centro Dramático Galego. A sede da escola Circonove, ubicada no polígono de Novo Milladoiro (Ames), acollerá a partir das 20.00 h e como espazo asociado a esta iniciativa da AGADIC, un primeiro avance da peza que levarán aos escenarios baixo o título de
Aïe.
O ESPAZO QUE XESTIONA O CDG ACOLLERÁ O MUSICAL "GLASS CITY" DE TEATRO DO NOROESTE E AS ÚLTIMAS PRODUCIÓNS DE TEATRE LLIURE, AO CABO TEATRO, MARTA CARRASCO E LAGARTA LAGARTA
[06/10/2009] O Salón Teatro de Santiago inicia a súa temporada escénica 2009-2010 cun novo ciclo de programación trimestral que dará cabida a un total de 34 funcións de teatro e danza desenvolvidas por 15 formacións artísticas. O musical
Glass City (Cidade de Cristal) da compañía galega Teatro do Noroeste inaugura mañá esta carteleira, na que tamén sobresaen os espectáculos
Nixon-Frost de Teatre Lliure,
Jardim Zoológico de Cristal de Ao Cabo Teatro,
Dies Irae. En el Réquiem de Mozart da Compañía Marta Carrasco e
O segredo dos Hoffman de Lagarta Lagarta. Ademais, o espazo que xestiona o CDG volverá acoller un ano máis a Feira Galega das Artes Escénicas, o Festival Cineuropa e a Mostra de Teatro Infantil de Nadal.
TRALO ÉXITO DE PÚBLICO E CRÍTICA NA SÚA ESTREA EN FERROL, ESTE ESPECTÁCULO DE GRAN FORMATO EXHIBIRASE EN COMPOSTELA DO 7 AO 18 DE OUTUBRO
[01/10/2009] O Salón Teatro acollerá a partir da próxima semana un total de 12 funcións do novo espectáculo de Teatro do Noroeste, o musical
Glass City (Cidade de Cristal), que chegará a Santiago tralo éxito de público e crítica acadado na súa estrea en Ferrol. Eduardo Alonso é o autor e director desta obra de gran formato, con música en directo e interpretada por 14 actores e músicos, que abre a nova temporada do escenario que xestiona o CDG.
OS 14 ACTORES E ACTRICES COMEZARÁN OS ENSAIOS O 9 DE NOVEMBRO PARA ESTREAR EN COMPOSTELA O 15 DE XANEIRO DE 2010
[10/09/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) iniciará o próximo día 9 de novembro os ensaios da súa seguinte montaxe,
As actas escuras, de Roberto Vidal Bolaño baixo a dirección de Xúlio Lago, espectáculo que será estreado o 15 de xaneiro no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Así o ratificou hoxe o director da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais), Juan Carlos Fernández Fasero, diante dunha nutrida representación do equipo artístico da montaxe á que reiterou que a única postura da institución fora sempre a realización do proxecto nas datas previstas.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
| 156 |
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes