Novas
TERÁN LUGAR DO 1 AO 5 DE SETEMBRO, ENTRE AS 17.00 E AS 21.00 HORAS
[31/08/2009] O MARCO (Museo de Arte Contemporánea) de Vigo acollerá do 1 ao 5 de setembro, de 17.00 a 21.00 horas, cinco xornadas de portas abertas nas que o compositor Xabier Mariño compartirá cos asistentes o seu proxecto
Identidades, inserido dentro do programa Artistas en Residencia do Centro Dramático Galego. Este encontro co público forma parte intrínseca do propio proceso de creación, materializándose nunha instalación interactiva que combina
performance, videocreación, música electroacústica e escultura.
OFRECERÁN UNHA MOSTRA PÚBLICA DO SEU TRABALLO CREATIVO MAÑÁ XOVES DÍA 27, A PARTIR DAS 19.00 HORAS, NA NAVE DA AGADIC NO COMPOSTELÁN POLÍGONO DE COSTA VELLA
[26/08/2009] Borja Fernández e Uxía P. Vaello amosarán mañá os primeiros resultados do seu proxecto
Rewind, traballo de creación escénica que están a desenvolver dentro do programa Artistas en Residencia do Centro Dramático Galego (CDG) e que compartirán co público e cos profesionais interesados a partir das 19.00 horas na nave da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) no compostelán polígono de Costa Vella (Rúa Polonia, nº 30).
FRANCISCO E PATRICIA SOTO COMPARTIRÁN CO PÚBLICO OS RESULTADOS DO SEU PROXECTO "PLAYGROUND_TEXTIL’N PROGRESS" MAÑÁ DÍA 7 DE AGOSTO A PARTIR DAS 19.00 HORAS
[06/08/2009] O Salón de Actos do MARCO (Museo de Arte Contemporánea) de Vigo acolle mañá venres a última xornada de portas abertas de
PlayGround_textil´n progress, laboratorio de investigación téxtil que La Canalla -firma de moda e deseño de vestiario escénico integrada polos irmáns Francisco e Patricia Soto- desenvolve dentro do programa Artistas en Residencia 2009 do Centro Dramático Galego.
AMOSARÁN OS RESULTADOS DO PROXECTO "CORPO-PUTA-VACA-BERRO" A TRAVÉS DUNHA MOSTRA PÚBLICA QUE TERÁ LUGAR MAÑÁ, ÁS 18.00 HORAS, NA NAVE DA AGADIC EN SANTIAGO
[30/07/2009] Gena Baamonde, Eva Freixeira e Vanesa Sotelo abrirán as portas do laboratorio escénico que están a desenvolver como artistas residentes do CDG cunha mostra pública que terá lugar maña día 31, a partir das 18.00 h, na nave da AGADIC no polígono compostelán de Costa Vella (rúa de Polonia, 30). Neste encontro, compartirán cos profesionais e o público interesados os primeiros resultados do seu proxecto de investigación
Corpo-puta-vaca-berro.
OS INTERESASOS TEÑEN ATÉ O 28 DE AGOSTO PARA PRESENTAR PROXECTOS INÉDITOS E NON ESTREADOS
[21/07/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) levará a cabo en réxime de coprodución na próxima temporada escénica 2009-2010 un total de 2 novos espectáculos que se engadirán ao plano de produción e de programación propia da compañía institucional. A tal fin, o CDG realizou unha convocatoria para que todas as compañías, colectivos ou creadores individuais galegos interesados poidan achegar os seus proxectos ao Salón Teatro de Santiago até o próximo 28 de agosto como primeiro paso do proceso de selección das dúas montaxes previstas, unha das cales se dirixirá especificamente a público infantil.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
| 157 |
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes