Novas
UN TOTAL DE 12 ALUMNOS PARTICIPA NESTE ÚLTIMO OBRADOIRO, QUE SE DESENVOLVE NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO ATÉ O 3 DE XUÑO COA COLABORACIÓN DO INSTITUTO CAMÕES
[01/06/2009] O
Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle dende hoxe e até o vindeiro mércores día 3 un novo obradoiro de escrita teatral, co que se pon o colofón ao curso "Pistas para unha dramaturxia da actualidade III". Impartido por Vieira Mendes, un dos dramaturgos máis recoñecidos da escena portuguesa actual, esta actividade conta coa colaboración do Instituto Camões de Portugal e terá lugar na biblioteca do Salón Teatro de Santiago en horario de tarde.
O PAZO DA CULTURA ACOLLE O VENRES 29 E O SÁBADO 30 DE MAIO ESTA OBRA ESCRITA POR MANUEL LOURENZO E DIRIXIDA POR QUICO CADAVAL
[28/05/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) ofrece esta semana no Pazo da Cultura de Narón dúas funcións (venres 29 ás 20.30 h e sábado 30 ás 20.00 h) de
As dunas, espectáculo resultante da obra escrita ad hoc por Manuel Lourenzo con dirección escénica de Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos nesta nova produción da compañía pública á que ambos se refiren como "un cabaré sobre o paraíso perdido". Trátase dunha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, amor, desamor e sexo.
O ESPECTÁCULO, DIRIXIDO POR MARCOS BARBOSA E INTERPRETADO EN PORTUGUÉS, PODERÁ VERSE EN SANTIAGO O SÁBADO 23 ÁS 21.00 HORAS E O DOMINGO 24 ÁS 18.00
[20/05/2009] O Salón Teatro acolle esta fin de semana (sábado 23 ás 21.00 horas e domingo 24 ás 18.00) a estrea de
Delimvois, un espectáculo a cargo do grupo portugués Teatro Oficina en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), realizado a partir do texto escrito
ad hoc polo Premio Nacional de Literatura Dramática Rubén Ruibal. Baixo a dirección de Marcos Barbosa, responsable artístico de Teatro Oficina, este espectáculo en portugués e dirixido a maiores de 12 anos conta coa interpretación de Diana Sá, Emílio Gomes e Ivo Santos.
O ESPECTÁCULO, DIRIXIDO POR QUICO CADAVAL A PARTIR DO TEXTO DE MANUEL LOURENZO, SERÁ REPRESENTADO O VENRES 22 E O SÁBADO 23, ÁS 20.30 H
[20/05/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta esta semana no Teatro Principal de Ourense dúas funcións (venres 22 e sábado 23 ás 20.30 horas) de
As dunas, espectáculo resultante da obra escrita especificamente por Manuel Lourenzo con dirección escénica de Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos nesta nova produción da compañía pública á que ambos se refiren como "un cabaré sobre o paraíso perdido". Trátase dunha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, amor, desamor e sexo.
SOBRE O ESCENARIO DO SALÓN TEATRO ESTARÁN O LÍDER DO COLECTIVO, DAVID TIBET, ADEMAIS DE JAMES BLACKSHAW, ANDREW LILES, BABY DEE, KEITH WOOD E ALEX NEILSON
[15/05/2009] O folk apocalíptico de
Current 93, a formación británica liderada por David Tibet, pon o colofón ao Festival Sinsal Extensión Salón Teatro esta fin de semana cun dobre cartel de concetos prepados en exclusiva para Santiago, e que terán lugar o sábado 16 e o domingo 17 de maio ás 22.00 horas. Na que ha ser a súa segunda visita ao Estado español, desta vez conforme á entente C93, este círculo aberto e libérrimo de músicos adiantará en Compostela a edición de
Aleph at Hallucinatory Mountain, o que se agarda como un dos traballos discográficos menos predicibles e máis potentes da banda. Sobre o escenario, ademais de Tibet, estarán James Blackshaw (día 16), Andrew Liles (día 17), así como Baby Dee, Keith Wood e Alex Neilson; todos eles músicos singularísimos e virtuosos na reinvención da interpretación de estilos que van desde o acústico até o experimental.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
| 160 |
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes