Novas
MAÑÁ MARTES NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO ÁS 20,00 HORAS
[18/10/2021] O Centro Dramático Galego (CDG) e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) ofrecen mañá no Salón Teatro de Santiago de Compostela unha lectura dramatizada do texto de Ernesto Is, 'Relato para un incendio', gañador da Bolsa de Dramatuxia e que será levado á escena pola unidade de produción teatral da Xunta en réxime de coprodución. A sesión, de balde e aberta ao público xeral, terá lugar ás 20,00 h. co obxectivo principal de que coñezan a escrita as persoas ou compañías que teñan interese en realizar a montaxe ao abeiro da convocatoria feita pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).
A CIDADE DA CULTURA ACOLLE HOXE UNHA XORNADA DE TRABALLO DA ASOCIACIÓN DE TEATRO EURASIA
[16/10/2021] Representantes dos 20 teatros europeos e asiáticos integrados na Asociación de Teatro Eurasia achéganse hoxe ás artes escénicas de Galicia da man do Centro Dramático Galego (CDG). Membros da entidade desenvolven unha xornada de traballo na Cidade da Cultura, onde foron recibidos polo secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, e o director da unidade de produción teatral da Xunta e única representación española na entidade, Fran Núñez. O encontro enmárcase na asemblea xeral da asociación, que se desenvolve tamén na cidade portuguesa de Braga.
A montaxe volve ao Salón Teatro esta fin de semana con dúas únicas funcións
[14/10/2021] A última produción da unidade teatral da Xunta -o Centro Dramático Galego (CDG)- 'Serva me, servabo te', resultou premiada no Festival Internacional de Maltepe, en Estambul, onde se representou o pasado sábado como única peza española presente no evento. O galardón recaeu en Olga Cameselle, como mellor actriz pola súa actuación no espectáculo creado por Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez.
ORGANIZADO POLO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO EN COLABORACIÓN CO CENTRO CULTURAL PORTUGUÉS DO CAMÕES
[13/10/2021] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle todos os xoves deste mes o ciclo de espectáculos en lingua portuguesa 'Quintas do Camões', organizado polo Centro Dramático Galego, unidade de produción teatral da Xunta, e a sede de Vigo do Centro Cultural Português do Camões. Haberá tres funcións que se desenvolverán os días 14, 21 e 28 de outubro ás 20,00 horas. As entradas están xa á venda en ataquilla.com e poderán adquirirse no despacho de billetes o mesmo día das funcións desde dúas horas antes.
A COMPAÑÍA QUE RESULTE SELECCIONADA RECIBIRÁ ATA 12.000 EUROS PARA LEVAR A ESCENA UNHA PEZA A PARTIR DO TEXTO 'RELATO DUN INCENDIO', DE ERNESTO IS
[12/10/2021] A Xunta, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), coproducirá un espectáculo no marco da primeira Bolsa de Dramaturxia e Creación impulsada polo Centro Dramático Galego (CDG) co apoio de diversos colectivos do sector teatral e cultural. A compañía que resulte elixida no proceso de selección aberto deberá realizar unha montaxe a partir do texto 'Relato dun incendio', do dramaturgo Ernesto Is, gañador da primeira fase desta iniciativa a prol do acompañamento integral dunha peza, desde a escrita ata a produción e distribución.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
| 17 |
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes