Novas
DAVID TIBET E O SEU FOLK APOCALÍPTICO COMPARTIRÁN ESCENARIO CON JAMES BLACKSHAW, ANDREW LILES, BABY DEE, KEITH WOOD E ALEX NEILSON OS DÍAS 16 E 17 DE MAIO
[03/04/2009] O folk apocalíptico de
Current 93, a peculiar formación musical británica liderada por David Tibet, porá o colofón ao Festival Sinsal Extensión Salón Teatro cunha dobre carteleira de concertos especiais deseñados en exclusiva para Santiago. As dúas citas, que terán lugar o sábado 16 e o domingo 17 de maio ás 22.00 horas, constituirán de feito a segunda visita de Tibet á xeografía española, desta vez conforme á
entente C93, que se presenta como un "círculo aberto e libérrimo de músicos".
AS ORIXINAIS MELODÍAS DA BANDA SOARÁN O XOVES 2 DE ABRIL A PARTIR DAS 22.00 H
[31/03/2009] O Salón Teatro de Santiago acolle este xoves 2 de abril, ás 22.00 horas, a actuación dos británicos
Pram, un dos grupos máis oníricos do panorama alternativo actual. A banda, formada na súa base por Sam Owen, Matt Eaton, Max Simpson e a espectral voz de Rosie Cuckston, protagoniza a segunda cita da extensión en Santiago do Festival Sinsal, un encontro de referencia en Galicia para a música contemporánea máis vangardista. Pram ofrecerá temas do seu último traballo discográfico,
The Moving Frontier (2007), aínda que actuarán sen a súa vocalista, apartada temporalmente dos escenarios.
A XEFA DO DEPARTAMENTO INTERNACIONAL DO ROYAL COURT THEATRE DE LONDRES EXERCITARÁ CON 15 ALUMNOS RECURSOS PARA A CONSTRUCIÓN DUN TEXTO DRAMÁTICO
[30/03/2009] O
Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle a partir de hoxe a cuarta e última parte do curso de escritura teatral
Pistas para unha dramaturxia da actualidade III, impartida pola autora británica Elyse Dodgson. Un total de 15 alumnos participa nesta actividade, que se desenvolverá na biblioteca do Salón Teatro até o venres 3 de abril en horario de 17.00 a 20.00 horas.
A PEZA CREADA POLA COMPAÑÍA O RETRETE DE DORIAN GRAY, INTEGRADA POR MARCOS PTT CARBALLIDO E EZRA MORENO, COMBINA TEATRO VISUAL, FÍSICO E MANIPULACIÓN DE GLOBOS
[27/03/2009] O Teatro Villa de Molina da localidade murciana de Molina de Segura acolle este domingo 29 ás 12.00 horas a estrea de
Rúa Aire, unha peza para público infantil realizada por O Retrete de Dorian Gray en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG). Con esta proposta, a compañía pública inaugura o seu plan de coproducións para 2009, no que tamén se insiren os espectáculos
Eco de Iván Marcos;
Delimvois, do grupo portugués Teatro Oficina a partir dun texto do Premio Nacional de Literatura Dramática Rubén Ruibal, e
Wake Up de Nut Teatro.
PERMANECERÁ NO SALÓN TEATRO ATÉ O 2 DE ABRIL CON CINCO FUNCIÓNS SEMANAIS: MÉRCORES E XOVES PARA ESTUDANTES, E VENRES, SÁBADOS E DOMINGOS PARA O PÚBLICO XERAL
[03/03/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este venres día 6 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago
As dunas, obra escrita ad hoc por Manuel Lourenzo -Premio Nacional da Cultura Galega 2008 na categoría de Artes Escénicas- e dirixida por Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos nesta nova produción da compañía pública á que ambos se refiren como "un cabaré sobre o paraíso perdido", unha montaxe cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, amor, desamor e sexo.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
| 164 |
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes