AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O CENTRO COREOGRÁFICO E O CENTRO DRAMÁTICO COLABORAN NA REDE DE DANZA DÉPARTS E NO PROXECTO XÓVENES TALENTOS DO CIRCO EUROPEO CON OUTRAS 15 ENTIDADES DE 10 PAÍSES

A AGADIC participa en dous programas de danza e circo financiados con 2.625.043 € pola Comisión Europea

[16/04/2009] A Axencia Galega das Industrias Culturais foi seleccionada para participar en dous proxectos internacionais de promoción da danza e do circo -a rede de danza DÉPARTS e a iniciativa Xóvenes Talentos do Circo Europeo- financiados cun total de 2.625.043 euros a través do Programa Cultura 2007-2013 da Comisión Europea. O Centro Coreográfico Galego (CCG) e o Centro Dramático Galego (CDG) son, respectivamente, as unidades encargadas de xestionar a colaboración da nosa Comunidade en ambas iniciativas transfronteirizas.
O SALÓN TEATRO OFRECERÁ TRES FUNCIÓNS (17, 18 E 19 DE ABRIL) DESTA MONTAXE, ÁS QUE SEGUERÁ UNHA AMPLA PROGRAMACIÓN CON MÁIS DUNHA TRINTENA DE REPRESENTACIÓNS ATÉ XUÑO

Iván Marcos e o CDG coproducen teatro contemporáneo coa estrea de "Eco" este venres en Santiago

Documento anexo[15/04/2009] O Salón Teatro acolle esta fin de semana (venres 17 ás 21.00h, sábado 18 ás 20.30h e domingo 19 ás 18.00h) a estrea de Eco, un espectáculo de teatro contemporáneo a cargo de Iván Marcos en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG). Con esta proposta, a compañía pública continúa co seu plan de coproducións para 2009, no que tamén se insiren os espectáculos Rúa aire de O Retrete de Dorian Gray; Delimvois, do grupo portugués Teatro Oficina a partir dun texto do Premio Nacional de Literatura Dramática Rubén Ruibal, e Wake Up de Nut Teatro.
PISTACATRO DESENVOLVERÁ UN PASARRÚAS PROMOCIONAL SOBRE O ESPECTÁCULO QUE DIRIXE QUICO CADAVAL A PARTIR DO TEXTO DE MANUEL LOURENZO

"As dunas" represéntase o 17 de abril no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras

Documento anexo[14/04/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) presenta este venres día 17 ás 21.00 horas no Teatro Lauro Olmo do Barco As dunas, espectáculo resultante da obra escrita ad hoc por Manuel Lourenzo con dirección escénica de Quico Cadaval. Autor e director suman os seus talentos creativos nesta nova produción da compañía pública á que ambos se refiren como "un cabaré sobre o paraíso perdido". Trátase dunha comedia cun destacado compoñente onírico que fala sobre especulación urbanística, corrupción, amor, desamor e sexo.
O ACTO ESTÁ ORGANIZADO POLA RADIO GALEGA E O CDG

O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle a entrega do III Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

[14/04/2009] O Teatro Rosalía Castro da Coruña acolle mañá mércores 15 de abril, a partir das 20.30 horas, un espazo radioescénico no que se entregará a terceira edición do Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico. Os escritores Rubén Ruibal e César Candelas recollerán os galardóns da audiencia e do xurado, dotados cada un deles con 3.000 euros, pola obra Peter Buckley , título que concitou as dúas categorías do premio.


A MONTAXE DISTRIBUIRASE ATÉ O MES DE XUÑO EN TEATROS DO BARCO, A CORUÑA, VIGO, TUI, VILAGARCÍA, OURENSE, NARÓN, RIBADEO E FERROL

O Centro Dramático Galego inicia na localidade portuguesa de Vila Real a xira de "As dunas"

Documento anexo[07/04/2009] O CDG inicia mañá 8 de abril na localidade portuguesa de Vila Real o período de distribución da súa última montaxe, As dunas. A esta primeira función, que dará comezo ás 22.00 horas no auditorio pequeno do Teatro de Vila Real e dentro da programación do Festival Internacional de Teatro Vinte e Sete, seguirán unha serie de 15 representacións durante máis de dous meses nun total de 9 localidades galegas da rede Espazos CDG: O Barco de Valdeorras (17 de abril), A Coruña (24 e 25 de abril), Vigo (29 e 30 de abril), Tui (8 e 9 de maio), Vilagarcía (14 e 15 de maio), Ourense (22 e 23 de maio), Narón (29 e 30 de maio), Ribadeo (7 de xuño) e Ferrol (13 de xuño).

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 | 165 | 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal