AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

DAVID TIBET AND HIS APOCALYPTIC FOLK ARE TO SHARE STAGE WITH JAMES BLACKSHAW, ANDREW LILES, BABY DEE, KEITH WOOD AND ALEX NEILSON 16 AND 17 MAY. ADVANCED TICKETS ARE NOW ON SALE FOR BOTH CONCERTS

A special double concert by Current 93 is to top the extension of the Sinsal Festival in Santiago

Documento anexo[03/04/2009] The apocalyptic folk of Current 93, the interesting British band led by David Tibet, is to top the Salón Teatro Extension to the Sinsal Festival with a double bill of special concerts designed exclusively for Santiago. Both events, which are to take place on Saturday 16 and Sunday 17 May at 22:00, will mark Tibet's second visit to Spain, this time as part of the C93 entente, which is an "open and extremely free circle of musicians".
DAVID TIBET E O SEU FOLK APOCALÍPTICO COMPARTIRÁN ESCENARIO CON JAMES BLACKSHAW, ANDREW LILES, BABY DEE, KEITH WOOD E ALEX NEILSON OS DÍAS 16 E 17 DE MAIO

Un dobre concerto especial de Current 93 porá o colofón á extensión do Festival Sinsal en Santiago

Documento anexo[03/04/2009] O folk apocalíptico de Current 93, a peculiar formación musical británica liderada por David Tibet, porá o colofón ao Festival Sinsal Extensión Salón Teatro cunha dobre carteleira de concertos especiais deseñados en exclusiva para Santiago. As dúas citas, que terán lugar o sábado 16 e o domingo 17 de maio ás 22.00 horas, constituirán de feito a segunda visita de Tibet á xeografía española, desta vez conforme á entente C93, que se presenta como un "círculo aberto e libérrimo de músicos".
AS ORIXINAIS MELODÍAS DA BANDA SOARÁN O XOVES 2 DE ABRIL A PARTIR DAS 22.00 H

Continúa a extensión do Festival Sinsal no Salón Teatro co concerto do grupo británico Pram

Documento anexo[31/03/2009] O Salón Teatro de Santiago acolle este xoves 2 de abril, ás 22.00 horas, a actuación dos británicos Pram, un dos grupos máis oníricos do panorama alternativo actual. A banda, formada na súa base por Sam Owen, Matt Eaton, Max Simpson e a espectral voz de Rosie Cuckston, protagoniza a segunda cita da extensión en Santiago do Festival Sinsal, un encontro de referencia en Galicia para a música contemporánea máis vangardista. Pram ofrecerá temas do seu último traballo discográfico, The Moving Frontier (2007), aínda que actuarán sen a súa vocalista, apartada temporalmente dos escenarios.
A XEFA DO DEPARTAMENTO INTERNACIONAL DO ROYAL COURT THEATRE DE LONDRES EXERCITARÁ CON 15 ALUMNOS RECURSOS PARA A CONSTRUCIÓN DUN TEXTO DRAMÁTICO

Elyse Dodgson imparte o último obradoiro do curso do CDG "Pistas para unha dramaturxia da actualidade III"

[30/03/2009] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle a partir de hoxe a cuarta e última parte do curso de escritura teatral Pistas para unha dramaturxia da actualidade III, impartida pola autora británica Elyse Dodgson. Un total de 15 alumnos participa nesta actividade, que se desenvolverá na biblioteca do Salón Teatro até o venres 3 de abril en horario de 17.00 a 20.00 horas.
A PEZA CREADA POLA COMPAÑÍA O RETRETE DE DORIAN GRAY, INTEGRADA POR MARCOS PTT CARBALLIDO E EZRA MORENO, COMBINA TEATRO VISUAL, FÍSICO E MANIPULACIÓN DE GLOBOS

Inaugúrase o plan de coproducións 2009 do CDG coa estrea en Murcia do espectáculo "Rúa Aire"

[27/03/2009] O Teatro Villa de Molina da localidade murciana de Molina de Segura acolle este domingo 29 ás 12.00 horas a estrea de Rúa Aire, unha peza para público infantil realizada por O Retrete de Dorian Gray en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG). Con esta proposta, a compañía pública inaugura o seu plan de coproducións para 2009, no que tamén se insiren os espectáculos Eco de Iván Marcos; Delimvois, do grupo portugués Teatro Oficina a partir dun texto do Premio Nacional de Literatura Dramática Rubén Ruibal, e Wake Up de Nut Teatro.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 | 166 | 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal