AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O CICLO DESENVÓLVESE DO 26 AO 30 DE DECEMBRO CON 5 MONTAXES DE DISTINTOS FORMATOS E TÉCNICAS, DESDE MONICREQUES E TEATRO DE ACTOR ATÉ NÚMEROS DE NOVO CIRCO

O Salón Teatro de Santiago pecha o ano coa Mostra de Teatro Infantil no Nadal

[23/12/2008] O Salón Teatro de Santiago despide a súa programación de 2008 coa xa tradicional Mostra de Teatro Infantil no Nadal, unha iniciativa que vén celebrándose desde o ano 2000 sempre nas mesmas datas, do 26 ao 30 de decembro. Organizado polo Centro Dramático Galego (CDG), o festival inclúe cinco espectáculos que amosan a variedade de estilos, técnicas e formatos dos que se sirve o teatro especialmente destinado aos nenos e nenas.
A COMPAÑÍA DE NOVO CIRCO PISTACATRO DESENVOLVERÁ O VENRES 26 NO CENTRO PRAZA ELÍPTICA UNHA ACCIÓN PROMOCIONAL SOBRE ESTA PRODUCIÓN DENTRO DA REDE "ESPAZOS CDG"

O CDG retoma a xira de "A boa persoa de Sezuán" con dúas funcións no Centro Cultural Caixanova de Vigo

Documento anexo[22/12/2008] O Centro Dramático Galego retoma esta fin de semana en Vigo a xira galega da súa última montaxe, A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht que chega da man de Nuno Cardoso, un dos directores máis destacados da nova escena portuguesa. Tras permanecer no Salón Teatro de Santiago -sede da compañía pública- durante tres semanas, o espectáculo ten como destino o Centro Cultural Caixanova, onde ofrecerá dúas funcións: o sábado 27 e o domingo 28 ás 20.30 horas.
EN DRAMATURXIASDAACTUALIDADE.ORG CONVIVIRÁN OBRAS DOS PARTICIPANTES NO CENTRO DE CREACIÓN DRAMÁTICA CONTEMPORÁNEA CON TÍTULOS DA DRAMATURXIA GALEGA E UNIVERSAL

O Centro Dramático Galego crea unha web específica para difundir os textos dos autores de teatro actuais

[18/12/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) creou unha web específica para acadar a máxima difusión dos textos escritos polos autores de teatro galego actuais. A iniciativa, con escasos precedentes no Estado español, está accesible desde hoxe para todos os usuarios da Internet no dominio dramaturxiasdaactualidade.org e como unha actividade máis das xeradas polo Centro de Creación Dramática Contemporánea (CDC), dependente do CDG.
TEATRO DO ATLÁNTICO ABORDA O GALARDOADO TEXTO DRAMÁTICO DE TERESA MOURE

O Salón Teatro programa catro funcións de "Unha primavera para Aldara"

[17/12/2008] A compañía Teatro do Atlántico ofrece esta semana no Salón Teatro de Santiago catro funcións (os días 18, 19 e 20 ás 20.30 horas e o domingo 21, ás 18.00) da súa última produción Unha primavera para Aldara , dirixida por Xúlio Lago a partir do primeiro texto dramático de Teresa Moure, no que a autora monfortina reflexiona sobre o amor, a liberdade, a igualdade, a tolerancia ou a represión a través dunha trama que se sitúa na Revolta Irmandiña.
PISTACATRO COLABORA COA COMPAÑÍA INSTITUCIONAL NESTA ACCIÓN ESCÉNICA, QUE TERÁ LUGAR EN ÁREA CENTRAL O VINDEIRO SÁBADO DÍA 6 ÁS 18.30 E ÁS 19.30 HORAS

Unha función móbil promociona "A boa persoa de Sezuán", que continúa no Salón Teatro de Santiago

Documento anexo[04/12/2008] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana (venres 5 e sábado 6 ás 20.30 horas e domingo 7 ás 18.00) tres novas funcións da última produción do Centro Dramático Galego (CDG), A boa persoa de Sezuán, versión da obra de Bertolt Brecht dirixida polo portugués Nuno Cardoso. Coincidindo con estas representacións, a compañía pública organizou xunto con Pistacatro un espectáculo móbil promocional, do que ofrecerá dous pases ás 18.30 e ás 19.30 horas deste sábado no Centro Comercial Área Central.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 | 168 | 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal