AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

DIRIXIDO POR NUNO CARDOSO, O ÚLTIMO ESPECTÁCULO DO CDG INICIA A SÚA TEMPORADA EN COMPOSTELA, ONDE OFRECERÁ CINCO REPRESENTACIÓNS SEMANAIS ATÉ O 14 DE DECEMBRO

Máis de 800 alumnos asistirán no Salón Teatro ás funcións escolares de "A boa persoa de Sezuán"

Documento anexo[26/11/2008] O último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), A boa persoa de Sezuán, regresa a Compostela para facer temporada na súa sede do Salón Teatro, onde até o vindeiro 14 de decembro ofrecerá un total de cinco funcións semanais (mércores e xoves para estudantes -agás o 11 de decembro-, e venres, sábados e domingos para o público xeral).
O ESPECTÁCULO, DIRIXIDO POLO PORTUGUÉS NUNO CARDOSO, REPRESÉNTASE O SÁBADO 22 NO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE DENTRO DO FESTIVAL DE TEATRO CLÁSICOS DO SÉCULO XX

O Centro Dramático Galego presenta en Lugo "A boa persoa de Sezuán"

Documento anexo[20/11/2008] O CDG chega esta semana ao Auditorio Gustavo Freire de Lugo co seu último espectáculo, A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht con dirección de Nuno Cardoso, un dos nomes destacados da nova escena portuguesa. Esta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas supón, así mesmo, a incorporación do dramaturgo alemán ao repertorio da compañía pública. En Lugo, ofrecerase unha única función o sábado 22, ás 20.30 h, dentro da programación do V Festival de Teatro Clásicos do Século XX.
ESTA CRÓNICA ENÉRXICA E MORDAZ DENUNCIA A TIRANÍA DOS QUE ASCENDEN AO PODER VALÉNDOSE DO SISTEMA DEMOCRÁTICO DE MANEIRA HIPÓCRITA, RUÍN E ABSOLUTISTA

O Salón Teatro acolle "El año de Ricardo", unha creación de Angélica Liddell para a compañía Atra Bilis

[20/11/2008] A compañía madrileña Atra Bilis porá en escena esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago El año de Ricardo con dúas funcións, o sábado 22 ás 20.30 horas e o domingo 23 ás 18.00 horas. Trátase dun espectáculo de teatro alternativo, escrito, dirixido e cointerpretado por Angélica Liddell, unha das figuras máis destacadas e interesantes da escena contemporánea.
NA INICIATIVA, QUE SE INSÍRESE NO CENTRO DE CREACIÓN DRAMÁTICA, PARTICIPAN MESTRES DESTACADOS A NIVEL EUROPEO, COMO MAXI RODRÍGUEZ, ENZO CORMANN OU ELYSE DODGSON

Un taller a cargo de Cándido Pazó abre a terceira edición do curso do CDG "Pistas para unha dramaturxia da actualidade"

[17/11/2008] O Centro de Creación Dramática do Centro Dramático Galego (CDG) inicia no Salón Teatro de Santiago a terceira edición do curso Pistas para unha dramaturxia da actualidade, cuxa dirección e coordinación asume desde os seus inicios o director, narrador e dramaturgo galego Cándido Pazó. O ciclo formativo completo ten como finalidade que os asistentes poidan crear un texto dramático ao longo dos meses nos que se realiza a actividade, de novembro a maio.
CRISTINA DOMÍNGUEZ ANUNCIA NESTE ENCONTRO PROFESIONAL A CREACIÓN DUN SITIO WEB QUE POSICIONARÁ NA INTERNET OS TEXTOS AUTORIZADOS DOS DRAMATURGOS GALEGOS

O traballo do CDG a prol da dramaturxia actual preséntase na Muestra de Teatro de Autores Contemporáneos de Alacante

[13/11/2008] O traballo do Centro Dramático Galego (CDG) de apoio e difusión á dramaturxia que se realiza actualmente en Galicia presentouse hoxe como modelo a prol da escrita escénica actual dentro da Muestra de Teatro Español de Autores Contemporáneos, que estes días se celebra en Alacante. A directora do CDG, Cristina Domínguez Dapena, participou na sección de presentación de proxectos e publicacións da décimo sexta edición deste encontro profesional, no que se mestura a exhibición teatral cun amplo abano de actividades complementarias sobre a dramaturxia contemporánea e os seus autores.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 | 169 | 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal