AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O TEATRO JOFRE ACOLLE ÁS 20,30 HORAS O ESPECTÁCULO CREADO POR BELÉN BOUZAS, DIEGO M. BUCETA E FRAN MARTÍNEZ

A nova produción do Centro Dramático Galego 'Serva me, servabo te', chega o sábado a Ferrol

[30/09/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta, leva a súa nova produción, 'Serva me, servabo te', a Ferrol, cunha función no Teatro Jofre o sábado 2 de outubro ás 20,30 horas. Tras a súa estrea no Carballiño e a permanencia en cartel durante tres semanas no Salón Teatro de Santiago, a creación de Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez chega á cidade departamental no marco dunha xira que inclúe tamén Lugo e o Malpete Theater Festival de Estambul. Posteriormente volverá a Compostela con dúas novas funcións a mediados de outubro.
O AUDITORIO MUNICIPAL GUSTAVO FREIRE ACOLLE O XOVES 30, ÁS 20, 30 HORAS, O ESPECTÁCULO

O Centro Dramático Galego leva a súa nova produción 'Serva me, servabo te' a Lugo

[28/09/2021] A unidade teatral da Xunta -o Centro Dramático Galego (CDG)- leva a súa nova produción Serva me, servabo te, a Lugo, cunha función no Auditorio Gustavo Freire o vindeiro xoves 30, ás 20,30 horas. Tras a súa estrea no Carballiño e a permanencia en cartel durante tres semanas no Salón Teatro de Santiago, a creación de Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez inicia así unha xira con representacións no Teatro Jofre de Ferrol e no Malpete Theater Festival de Estambul a comezos de outubro, mes no que tamén se reporá en Santiago de Compostela con dúas novas funcións.
O SALÓN TEATRO ACOLLE AS PROBAS ATA O XOVES PARA A SELECCIÓN DE 22 ACTRICES E ACTORES

O CDG inicia as audicións a 80 aspirantes para integrar os elencos dos seus novos espectáculos

[27/09/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, arrinca hoxe coa audición a 80 aspirantes a segunda fase do proceso de selección de 22 actrices e actores para as súas dúas novas producións propias. As probas desenvólvense ata o xoves no Salón Teatro de Santiago de Compostela e delas sairán os elencos definitivos para a adaptación de 'A Peste', de Albert Camus, con Cándido Pazó como director, e para 'Ás oito da tarde cando morren as nais', dirixida por Marta Pazos a partir da dramaturxia de AveLina Pérez.
TERÁ LUGAR ESTE DOMINGO EN OIA, NO PROPIO ESPAZO NO QUE SE BASEA A PEZA

O CDG e AveLina Pérez estrean o espectáculo 'ECO', inspirado nas mensaxes que deixaron os presos da Guerra Civil no Mosteiro de Oia

[24/09/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta de Galicia, e a creadora escénica AveLina Pérez estrean este domingo no Real Mosteiro de Oia a coprodución 'ECO'. Trátase dunha peza inspirada nos textos e debuxos feitos polos presos da Guerra Civil española nas paredes do cenobio cando foi convertido en campo de concentración, e que recollen os seus desacougos, medos e desexos. Haberá tres funcións ao longo da tarde, cunha cabida total de 90 prazas e para as que xa non quedan entradas dispoñibles.
NESTA EDICIÓN O CENTRO SOCIOCULTURAL DE SANTA MARTA SÚMASE AO SALÓN TEATRO E AO TEATRO PRINCIPAL COMO ESCENARIO

O festival de teatro afeccionado Agustín Magán arranca o venres en Santiago co apoio da Xunta

[14/09/2021] O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na rolda de prensa de presentación da nova edición do Festival Agustín Magán que arranca o venres en Santiago. No seu vixésimo aniversario diversificará os espazos das representacións e organizarase unha mención homenaxe con motivo do centenario de Agustín Magán.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 | 18 | 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal