Novas
DESENVOLVERANSE DÚAS FUNCIÓNS DE "NOU I_D", ESPECTÁCULO CREADO E DIRIXIDO POR ROSA SÁNCHEZ, O SÁBADO 1 DE NOVEMBRO ÁS 20.30 H E O DOMINGO 2 ÁS 18.00 H
[30/10/2008] A plataforma artística catalá
Kònic Thtr. porá en escena esta fin de semana no Salón Teatro de Compostela
Nou I_D, unha ópera electrónica e interactiva para danza e voz da que ofrecerá dúas funcións, o sábado 1 ás 20.30 horas e o domingo 2 ás 18.00 horas. Estreado no Teatre Mercat de les Flors de Barcelona, trátase dun espectáculo experimental e anovador que se basea no diálogo entre cinco intérpretes e un espazo escénico equipado coa máis sofisticada tecnoloxía.
O DIRECTOR PORTUGUÉS CONTOU PARA ESTA PROPOSTA ESCÉNICA CUN EQUIPO ARTÍSTICO TRANSFRONTEIRIZO NO QUE PARTICIPAN, ENTRE OUTROS, 12 ACTORES E ACTRICES
[22/10/2008] O Centro Dramático Galego estrea este venres 24 ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago
A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht con dirección de Nuno Cardoso, un dos nomes destacados da nova escena portuguesa. Na primeira produción da temporada 2008-2009, a compañía pública incorpora o dramaturgo alemán ao seu repertorio a través desta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas. Trala estrea en Compostela, onde ofrecerá dúas funcións máis (o sábado ás 21.00 h e domingo ás 18.00 h), o CDG iniciará unha xira galega de tres meses de duración cofinanciada pola AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) e a Fundación Caixa Galicia.
PENSADA PARA NENOS E NENAS A PARTIR DE OITO ANOS DE IDADE, A REPRESENTACIÓN TERÁ LUGAR MAÑÁ SÁBADO ÁS 21.00 HORAS NO TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO
[10/10/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) repón no Teatro Principal de Santiago de Compostela a súa produción
Valdemuller, dentro da programación do XIII Festival Internacional de Títeres Galicreques 2008. A compañía institucional desenvolverá unha única función -mañá sábado día 11 ás 21.00 horas- desta montaxe de teatro de obxectos especialmente pensada para o público infantil e xuvenil.
ROSA ÁLVAREZ DEBUTA COMO DIRECTORA E NA INTERPRETACIÓN ESTÁN ERNESTO CHAO E XOSÉ MANUEL OLVEIRA "PICO"
[07/10/2008] Lagarta Lagarta ofrece esta semana no Salón Teatro de Santiago catro funcións (os días 9, 10 e 11 ás 20.30 horas e o domingo 12, ás 18.00) da súa última produción
Aeroplanos , unha comedia orixinal do autor arxentino Carlos Gorostiza, na que a compañía galega reflexiona sobre as relacións humanas e que supón o debut como directora escénica da coñecida actriz Rosa Álvarez.
CARLOS LOSADA É DIRECTOR DA PEZA E AUTOR DO TEXTO, QUE ESTÁ EDITADO POR XERAIS
[02/10/2008] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá día 3 de outubro ás 20.00 horas a estrea de
Game over, a última proposta escénica da compañía CaChuzo, na que Carlos Losada dirixe un texto propio, o gañador do II Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil. Durante a fin de semana haberá dúas funcións máis -que terán lugar o sábado 4 tamén ás 20:00 e o domingo 5 ás 18:00 horas- e que están especialmente destinadas a un público familiar con nenos a partir de 6 anos.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
| 171 |
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes