Novas
A PRODUCIÓN DE MATARILE TEATRO CON DIRECCIÓN DE ANA VALLÉS REPRESÉNTASE DO 25 AO 28 DE SETEMBRO
[24/09/2008] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle mañá a estrea en Galicia da última produción de
Matarile Teatro,
Animales artificiales . O espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) abre así o ciclo de Outono da programación deseñada para a temporada 2008-2009 con catro funcións deste espectáculo (os días 25, 26 e 27 ás 20.30 horas e o domingo 28, ás 18.00) como mostra inicial do seu apoio á exhibición das propostas escénicas realizadas por compañías galegas, protagonistas do primeiro período de carteleira que se estende até finais de decembro.
A CONMEMORACIÓN DOS 25 ANOS DE FUNCIONAMENTO DO CENTRO DRAMÁTICO GALAEGO CELEBRARASE ESPECIALMENTE NO PRIMEIRO SEMESTRE DE 2009 BAIXO O LEMA "PARTE DE TI"
[19/09/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) enfronta a súa nova temporada teatral 2008-2009 coa montaxe de dúas producións propias de gran formato, outros catro espectáculos en réxime de coprodución con grupos galegos privados e co Centro Cultural Vila Flor portugués, o mantemento dunha intensa e variada programación do Salón Teatro e a potenciación da actividade do seu Centro de Creación Dramática Contemporánea. Estes son os eixos fundamentais que centrarán o traballo do CDG para a temporada que se estenderá até xullo de 2009 e na que, baixo o lema "Parte de ti", se conmemorará ademais o 25 aniversario do nacemento en marzo de 1984 da única compañía institucional de teatro de Galicia.
O ESPAZO ESCÉNICO QUE XESTIONA O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO OFRECERÁ UN TOTAL DE 42 FUNCIÓNS DE TEATRO E DANZA DESDE SETEMBRO E ATA FINAIS DE ANO
[07/08/2008] O Salón Teatro de Santiago inaugurará en setembro a carteleira da súa nova temporada escénica 2008-2009, que ata finais de ano ofrecerá un total de 42 funcións de teatro e danza, cunha destacada presenza do teatro feito en Galicia. Así, a programación do espazo escénico que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) presenta os últimos espectáculos das compañías galegas Matarile Teatro, Teatro Cachuzo, Lagarta Lagarta, Teatro do Atlántico, Galitoon, Pistacatro e Sarabela Teatro, que compartirán cartel con Kónic Thtr (Cataluña), Atra Bilis (Madrid), Teatro do Frío (Porto) e Teatro Gorakada (Euskadi) e coa nova produción do CDG,
A boa persoa de Sezuán, de Bertolt Brecht baixo dirección de Nuno Cardoso.
OS ESPECTÁCULOS DA TEMPORADA 2007-2008 -'NOITE DE REIS. OU O QUE QUEIRADES', 'VALDEMULLER' E 'ESTIGMA'- SUMARON UN TOTAL DE 139 FUNCIÓNS DENTRO E FÓRA DE GALICIA
[01/08/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) conclúe a súa temporada 2007-2008 confirmando o apoio do público á súa actividade de produción propia, que congregou un total de 30.142 espectadores nos seus tres últimos espectáculos:
Noite de Reis. Ou o que queirades,
Valdemuller e
Estigma. A compañía pública ofreceu 139 funcións destas montaxes en diferentes escenarios dentro e fóra de Galicia, visitando destacados encontros escénicos como o Festival de Teatro Clásico de Almagro, o Festival Fazer a Festa de Porto e a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia.
A VERSIÓN DA OBRA DE SHAKESPEARE ASINADA E DIRIXIDA POR QUICO CADAVAL EXHIBIRASE DO 21 AO 25 DE XULLO ÁS 21.30 HORAS (AGÁS O XOVES 24, ÁS 21.00 H)
[17/07/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) reporá a semana que vén no Salón Teatro de Santiago a súa primeira produción da temporada,
Noite de Reis. Ou o que queirades, coa que acadou un éxito con escasos precedentes na escena galega. As funcións desta versión da comedia de Shakespeare asinada e dirixida por Quico Cadaval desenvolveranse do 21 ao 25 de xullo ás 21.30 horas (agás o xoves 24, ás 21.00 h) neste escenario compostelán, no que o espectáculo xa foi representado o ano pasado colgando o cartel de non hai billetes en repetidas ocasións.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
| 172 |
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes