AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O ESPECTÁCULO QUE DIRIXE QUICO CADAVAL REGRESARÁ AO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO DO 21 AO 25 DE XULLO, TRALO ÉXITO OBTIDO DURANTE A SÚA EXHIBICIÓN O ANO PASADO

O CDG leva 'Noite de Reis. Ou o que queirades' ao Festival de Almagro

[10/07/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) preséntase a partir de mañá no XXXI Festival de Teatro Clásico de Almagro con Noite de Reis. Ou o que queirades, espectáculo que a compañía pública repón neste mes de xullo tralo gran éxito de público obtido durante o seu primeiro período de distribución, de setembro de 2007 a xaneiro de 2008.
AS FUNCIÓNS CELÉBRANSE OS DÍAS 2 E 3 DE XULLO ÁS 20.30 HORAS

O CDG chega ao Teatro Colón da Coruña co seu espectáculo "Estigma"

Documento anexo[30/06/2008] O Teatro Colón Caixa Galicia da Coruña acolle esta semana dúas funcións de Estigma, espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) que xurdiu do proxecto de dramaturxia residente DramA3, iniciado no verán de 2007 como exercicio de escritura a tres bandas a cargo de Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática. As representacións da Coruña, que terán lugar os días 2 e 3 de xullo ás 20.30 horas, insírense dentro da xira galega que a compañía pública está a desenvolver por diferentes escenarios galegos en colaboración coa Fundación Caixa Galicia.
CON DIRECCIÓN DE ETELVINO VÁZQUEZ, 7 ACTORES E ACTRICES DAN NOVA VIDA, 28 ANOS DESPOIS DA SÚA PRIMEIRA REPRESENTACIÓN, A ESTE TEXTO GALARDOADO CO PREMIO ABRENTE

Teatro de Ningures recupera a obra de Vidal Bolaño coa estrea de "Bailadela da morte ditosa" no Salón Teatro

[27/06/2008] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá sábado 28 ás 21.00 h e o domingo 29 ás 18.00 h a estrea de Bailadela da morte ditosa, a última produción de Teatro de Ningures na que a compañía de Cangas do Morrazo recupera e reivindica o legado de Roberto Vidal Bolaño. Con dirección de Etelvino Vázquez, un total de sete actores e actrices compoñen o elenco encargado de dar nova a este texto, galardoado co Premio Abrente de Ribadavia en 1980 e levado a escena polo autor nese mesmo ano coa súa compañía daquela, Teatro do Estaribel.
A CANTAUTORA GALEGA INTERPRETARÁ TEMAS DO SEU ÚLTIMO TRABALLO DISCOGRÁFICO, "DORA MAAR 74", NO CONCERTO QUE OFRECERÁ O VENRES 27, ÁS 22.00 H

Carmen Dor clausura o Ciclo Novas Músicas no Salón Teatro de Santiago

[25/06/2008] A cantautora galega Carmen Dor pechará este venres día 27, ás 22.00 horas no Salón Teatro, o Ciclo Novas Músicas cun concerto no que presentará o seu último disco, Dora Maar 74, que supón un punto de inflexión no traballo desenvolvido pola artista até o momento. Coa actuación de Dor clausúrase esta programación dedicada a músicos da nova escena galega, na que tamén participaron o dúo composto por Fran Pérez (Narf) e Manecas Costas, e Nordestin@s, o proxecto musical formado por Abe Rábade, Guadi Galego e Ugia Pedreira.
ESTE VENRES CELÉBRASE A FUNCIÓN DO ESPECTÁCULO DIRIXIDO POR DANI SALGADO A PARTIR DO PROXECTO DE ESCRITA CONXUNTA DE JACOBO PAZ, VANESA SOTELO E RUBÉN RUIBAL

O Auditorio de Vilagarcía acolle "Estigma", última proposta do CDG

Documento anexo[25/06/2008] O Auditorio Muncipal de Vilagarcía acolle este venres día 27 ás 21.00 horas a posta en escena de Estigma, espectáculo resultado do proxecto de dramaturxia residente no Centro Dramático Galego (CDG) DramA3, iniciado no verán de 2007 como exercicio de escritura a tres bandas a cargo dos autores Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 | 173 | 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal