AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O TEATRO JOFRE ACOLLE ESTE DOMINGO UNHA FUNCIÓN DA MONTAXE DIRIXIDA POR DANI SALGADO A PARTIR DO PROXECTO DE ESCRITA CONXUNTA DE JACOBO PAZ, VANESA SOTELO E RUBÉN RUIBAL

O CDG recala en Ferrol coa xira do espectáculo "Estigma"

Documento anexo[20/06/2008] O Teatro Jofre de Ferrol acolle este domingo día 22 ás 20.30 horas o espectáculo Estigma, resultado do proxecto de dramaturxia residente no Centro Dramático Galego (CDG) DramA3, iniciado no verán de 2007 como exercicio de escritura a tres bandas a cargo dos autores Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática.
ABE RÁBADE, GUADI GALEGO E UGÍA PEDREIRA UNEN OS SEUS TALENTOS PARA MODELAR O REPERTORIO MARIÑEIRO DO NORTE NO RECITAL QUE OFRECERÁN O 20 DE XUÑO ÁS 22.00 H

Continúa o Ciclo Novas Músicas no Salón Teatro cun concerto de Nordestin@s

[18/06/2008] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle este venres 20 de xuño un concerto a cargo do grupo Nordestin@s, co que continúa o Ciclo Novas Músicas. O recital, que dará comezo ás 22.00 horas, é unha ollada contemporánea á tradición mariñeira de tres dos músicos máis relevantes do panorama galego actual: Abe Rábade, Guadi Galego (Berrogüetto, Espido) e Ugía Pedreira (Chouteira, Marful).
OS DOUS MÚSICOS INTERPRETAN A VOZ E GUITARRA O CONCERTO 'ALÓ IRMAO'

Fran Pérez 'Narf' e Manecas Costa abren no Salón Teatro o Ciclo Novas Músicas

[11/06/2008] A música actual entra no Salón Teatro de Santiago da man do dúo que integran Fran Pérez, alma mater do grupo Narf, e o africano Manecas Costa, dous grandes guitarristas e cantantes que se unen para presentar o seu novo espectáculo ‘Aló irmão’. Con este concerto iníciase no escenario que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) o Ciclo Novas Músicas, dentro do que tamén actuarán Nordestin@s, o proxecto musical formado por Abe Rábade, Guadi Galego e Ugía Pedreira (venres 20); e Carmen Dor (venres 27). Todas as actuacións darán comezo ás 22.00 horas.
AS FUNCIÓNS TERÁN LUGAR VENRES 13 ÁS 20:30 E SÁBADO 14 ÁS 22:00 HORAS

O CDG leva 'Estigma' ao Centro Cultural Caixanova de Vigo

Documento anexo[11/06/2008] O Centro Cultural Caixanova de Vigo acolle esta fin de semana (venres 13 ás 20:30 e sábado 14 ás 22:30 horas) dúas funcións do espectáculo Estigma, resultado do proxecto de dramaturxia residente no Centro Dramático Galego (CDG) DramA3, iniciado no verán de 2007 como exercicio de escritura a tres bandas a cargo dos autores Jacobo Paz, Vanesa Sotelo e Rubén Ruibal, último Premio Nacional de Literatura Dramática.
INTERVEÑEN OS GALEGOS NUT, D2, IVÁN MARCOS, ROBERTO LEAL E OS ITALIANOS DELLE ARIETTE

O Salón Teatro abre o ciclo de performances AcciónST

Documento anexo[03/06/2008] A programación do mes de xuño do Salón Teatro de Santiago ábrese esta semana cun ciclo dedicado ás artes performativas. Baixo o título AcciónST, cinco agrupacións artísticas desenvolverán, desde mañá mércores e até o sábado 7, varias execucións en distintas localizacións do edificio, ademais do escenario, no que a compañía italiana Teatro delle Ariette cociñará e ofrecerá a cea-espectáculo Teatro para comer? durante os catro días do programa.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 | 174 | 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal