Novas
AS MONTAXES ‘A PIRAGUA’ E ‘NOITE DE REIS’ COMPITEN, ENTRE OUTRAS CATEGORÍAS, POLOS GALARDÓNS AO MELLOR ESPECTÁCULO E Á MELLOR DIRECCIÓN
[18/03/2008] O CDG logrou un total de 16 candidaturas aos Premios de Teatro María Casares 2008 polos seus espectáculos
A piragua, dirixido por Cándido Pazó, e
Noite de Reis. Ou o que queirades, por Quico Cadaval. Os gañadores da décimo segunda edición dos galardóns que convoca a Asociación de Actores e Actrices de Galicia daranse a coñecer o 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, no transcurso dunha gala que terá lugar no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e retransmitirá a TVG.
JUAN MARGALLO E PETRA MARTÍNEZ PROTAGONIZAN ESTA MONTAXE, QUE URÓC TEATRO PRESENTARÁ EN COMPOSTELA O XOVES 13 E O VENRES 14 DE MARZO ÁS 20.30 HORAS
[11/03/2008] A última produción da compañía Uróc Teatro,
Adosa@dos, recala esta semana no Salón Teatro de Santiago, despois de permanecer en carteleira no Teatro Español de Madrid durante corenta días cunha excelente acollida de público. O espazo escénico de Compostela acolle dúas funcións do espectáculo que protagonizan Juan Margallo e Petra Martínez, que terán o xoves 13 e o venres 14 ás 20.30 horas.
A "ANDRÓXINA ARTISTA CIRCENSE" COMPARTE CARTELEIRA COS VIGUESES DE O FILLO PAUSADO
[06/03/2008] Baby Dee pechará este sábado día 8 ás 22:00 horas no Salón Teatro a extensión en Santiago de Compostela do Festival Sinsal, cun concerto no que a singular artista norteamericana presentará o seu novo disco
Safe Inside The Day . Dee compartirá cartel cos galegos O Fillo Pausado, a innovadora proposta do vigués Magú Castromil. Con esta actuación clausúrase a programación musical inserida dentro do Sinsal Santiago, un certame estacional que ten a súa orixe e sede principal en Vigo, e que, grazas á colaboración dos organizadores co Centro Dramático Galego (CDG) levou a Compostela nesta segunda edición a Matt Valentine & Erika Elder with The Golden Road, Igloo, Michael Gira e Fabrizio Modonese (r).
CONTINÚAN OS CURSOS 'PISTAS PARA UNHA DRAMATURXIA DA ACTUALIDADE II' E 'A ESCENA AUMENTADA: GALIZA'
[03/03/2008] O
Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) retoma a partir de hoxe a súa actividade en Compostela co inicio do terceiro obradoiro do curso de escritura teatral
Pistas para unha dramaturxia da actualidade II, impartido polo dramaturgo portugués Jacinto Lucas Pires e supervisado por Cándido Pazó, e da segunda parte do laboratorio de investigación e innovación escénica a cargo de Rosa Sánchez e Alain Baumann, de Kònic Thtr.
OFRECE UNHA FUNCIÓN PARA PÚBLICO FAMILIAR O MÉRCORES 5 DE MARZO, ÁS 21.00 HORAS, E OUTRA CONCERTADA PARA ESCOLARES O XOVES 6, ÁS 11.30 HORAS
[29/02/2008] O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle os días 5 e 6 de marzo a nova produción do Centro Dramático Galego (CDG),
Valdemuller, un espectáculo de teatro de obxectos dirixido polo arxentino Pablo Vergne segundo unha creación colectiva realizada a partir da novela de Xosé A. Neira Cruz. Con esta segunda produción da temporada 2007-2008, o CDG arrisca na súa aposta por unha combinación de elementos tradicionalmente asociados a programacións consideradas menores, como son o teatro de monicreques e o teatro dirixido especialmente a público en idade adolescente.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
| 178 |
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes