AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

CON DIRECCIÓN DE MONTSE TRIOLA, A OBRA CONTÉN MÚSICA EN DIRECTO E PERFORMANCES

A compañía luso-galega Voadora debuta no Salón Teatro con "PeriFeria"

Documento anexo[28/02/2008] O Salón Teatro acolle esta fin de semana (sábado 1 ás 20.30 horas e domingo 2 ás 18.00 horas) o debut en Galiza de PeriFeria, a primeira produción de Voadora como nova compañía escénica, resultado dun proxecto de colaboración entre o Centro Dramático Galego (CDG) e a Associação Cultural Recreativa de Tondela (ACERT), Portugal. Con dirección de escena e dramaturxia da actriz e produtora catalana Montse Triola, PeriFeria é o resultado dun proceso de creación colectiva a partir dos textos de Marta Freitas, Carlos Santiago, Manolo Cortés e do elenco de Voadora, integrado por Marta Pazos, José Díaz, Hugo Torres e Afonso Castro.
O DITAME DO XURADO RECOÑECE TAMÉN A CALIDADE E TRAXECTORIA PROFESIONAL DA ACTRIZ E A SÚA PARTICIPACIÓN NA MEIRANDE PARTE DOS EVENTOS DO TEATRO INDEPENDENTE GALEGO

Luísa Merelas recibe o Premio Maruxa Villanueva de Interpretación polo seu traballo en 'O regreso ao deserto' do CDG

[22/02/2008] Luísa Merelas é a gañadora do VII Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva, convocado polo Concello de Padrón e cunha dotación económica de 1.200 €. Así o decidiu onte por unanimidade o xurado deste galardón, que recoñece a actriz coruñesa como "muller de mulleres pola súa calidade e traxectoria profesional (...), por formar parte da meirande parte dos eventos do teatro independente e polo seu espectáculo do último ano O regreso ao deserto do Centro Dramático Galego".
O FUNDADOR DOS MÍTICOS SWANS E O VOCALISTA DO GRUPO LARSEN ACTÚAN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA O SÁBADO 23 DE FEBREIRO, A PARTIR DAS 22.00 HORAS

Continúa o Festival Sinsal no Salón Teatro co concerto de Michael Gira e (r)

Documento anexo[21/02/2008] O Salón Teatro de Compostela acolle este sábado día 23, a partir das 22.00 horas, a actuación de Michael Gira e de Fabrizio Modonese Palumbo "(r)". O fundador do mítico grupo Swans e o vocalista da banda de culto experimental Larsen protagonizan a segunda cita da extensión en Santiago do Festival Sinsal, un encontro de referencia en Galiza para a música contemporánea máis vangardista. O escenario que xestiona o Centro Dramático Galego continúa así co seu labor de difusión das expresións escénicas máis actuais, dende unha perspectiva multidisplinar e integradora.
PABLO VERGNE DIRIXE ESTE ESPECTÁCULO DE TÍTERES PARA PÚBLICO ADOLESCENTE

O CDG inaugura cun xogo de rol en Narón a xira de 'Valdemuller'

Documento anexo[19/02/2008] O Auditorio Municipal de Narón acolle esta semana a nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), Valdemuller, un espectáculo de monicreques dirixido polo arxentino Pablo Vergne segundo a creación colectiva realizada a partir da novela de Xosé A. Neira Cruz. Trala súa estrea o pasado día 15 en Ourense, o espectáculo inicia en Narón a xira que o levará nos próximos meses a distintas localidades galegas, Valencia e O Porto.
DIRIXIDO POLO ARXENTINO PABLO VERGNE, ESTE ESPECTÁCULO DE MONICREQUES SERÁ REPRESENTADO DO 13 AO 17 DE FEBREIRO NO TEATRO PRINCIPAL

O CDG estrea en Ourense o espectáculo de monicreques 'Valdemuller'

Documento anexo[14/02/2008] O Teatro Principal de Ourense acolle mañá venres, ás 20.30 horas, a estrea do novo espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), Valdemuller, montaxe de monicreques dirixida polo arxentino Pablo Vergne segundo a creación colectiva realizada a partir da novela de Xosé A. Neira Cruz. Con esta segunda produción da temporada 2007-2008, o CDG arrisca na súa aposta por unha combinación de elementos tradicionalmente asociados a programacións consideradas menores, como son o teatro de monicreques e o teatro dirixido especialmente a público en idade adolescente.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 | 179 | 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal