AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O SALÓN TEATRO ACOLLE DO 11 AO 14 DE FEBREIRO, DE 10.00 A 12.00, OS ADESTRAMENTOS FÍSICOS DO PERFORMER GALEGO E OS DÍAS 15 E 16, ÁS 20.30 H, DOUS ENSAIOS PÚBLICOS E GRATUÍTOS

Diego Anido abre ao público os ensaios de "Cascuda", coprodución do CDG

[11/02/2008] O Centro de Creación Dramática do Centro Dramático Galego (CDG) acolle a residencia técnica de Diego Anido quen, dende hoxe e até o sábado 16 de febreiro, traballa no Salón Teatro na súa última creación, Cascuda, que coproduce o CDG e será estreada en maio na Sala Nasa. Até o xoves, o creador galego abre ao público os seus adestramentos físicos en horario de 10 a 12 horas, mentres que o venres 15 e o sábado 16 ofrecerá dous ensaios públicos e gratuítos que darán comezo ás 20.30 horas.
OS NORTEAMERICANOS MATT VALENTINE & ERIKA ELDER WITH THE GOLDEN ROAD E O GRUPO GALEGO IGLOO ACTÚAN O XOVES 31 EN COMPOSTELA

Grupos internacionais e galegos comparten carteleira nos tres concertos do Festival Sinsal. Extensión Salón Teatro

Documento anexo[29/01/2008] O Salón Teatro abre este xoves día 31, ás 22.00 horas, coa actuación de Matt Valentine & Erika Elder with The Golden Road e Igloo, a segunda edición da extensión en Compostela do Festival Sinsal, un encontro de referencia en Galiza para a música contemporánea máis vangardista. O escenario que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) acollerá dentro deste ciclo outros dous recitais: o de Michael Gira e (r) o 23 de febreiro e o que compartirán Baby Dee e O Fillo Pausado o 8 de marzo, co que continúa así co seu labor de difusión das expresións escénicas actuais, desde unha perspectiva multidisplinar e integrada.
A PRIMEIRA COPRODUCIÓN DA TEMPORADA DO CENTRO COREOGRÁFICO GALEGO PODE VERSE O SÁBADO 26, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 27, ÁS 18.00

A Compañía Daniel Abreu e o CCG presentan 'Negro' no Salón Teatro

Documento anexo[24/01/2008] A Compañía Daniel Abreu, en coprodución co Centro Coreográfico Galego (CCG), presenta os vindeiros sábado 26 ás 20.30 horas e domingo 27 ás 18.00 horas o espectáculo Negro, primeira proposta do plan de coproducións do CCG para a actual temporada escénica. Trátase dun traballo intimista dirixido polo coreógrafo canario e interpretado por el mesmo xunto a tres bailarinas galegas, baseado no corpo como único instrumento e na poética que se pode atopar nos xestos e nos obxectos máis cotiáns.
DADO O ÉXITO DE PÚBLICO ACADADO, O CDG REPORÁ A OBRA EN 2009

'Noite de Reis' remata a súa xira galega cun balance de 15.000 espectadores

[23/01/2008] O último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG), Noite de Reis. Ou o que queirades, rematou o seu período de distribución en Galiza cun balance de 14.984 espectadores, despois dunha xira de practicamente tres meses de duración por 11 escenarios das catro provincias.
CARME PORTACELI DIRIXE ESTE ESPECTÁCULO DE TEATRO COMPROMETIDO E ALTERNATIVO, QUE PODERÁ VERSE EN COMPOSTELA O SÁBADO 19, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 20, ÁS 18.00

A Factoría Escénica Internacional presenta 'El agresor' no Salón Teatro

[18/01/2008] A Factoría Escénica Internacional (FEI) porá en escena esta fin de semana no Salón Teatro de Compostela El agresor, montaxe teatral da que ofrecerá dúas funcións, o sábado 19 ás 20:30 horas e o domingo 20 ás 18:00 horas. Trátase dun espectáculo alternativo, fóra dos círculos convencionais, que conta coa dirección de Carme Portaceli, un dos máis destacados nomes da escena catalá.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 | 180 | 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal