Novas
A PEZA FOI A GAÑADORA DO II CERTAME MANUEL MARÍA DE PRODUCIÓNS TEATRAIS
[08/09/2021] A lúa vai encuberta, coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) coa Casa Museo Manuel María e interpretada polas compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, estréase este venres no Teatro Principal de Ourense, segundo se anunciou hoxe na rolda de prensa de presentación do espectáculo, na que participou o director da compañía da Xunta, Fran Núñez.
CON ESTA PEZA, APOSTA POR UN ESPECTÁCULO NO QUE A DRAMATURXIA XORDE DO MOVEMENTO E DO XESTO
[08/09/2021] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle este venres 10 de setembro a estrea da nova produción propia do Centro Dramático Galego (CDG), 'Serva me, servabo te', onde permanecerá ata o 26 deste mes. A compañía da Xunta de Galicia ofrecerá un total de once funcións, de xoves a domingo, que, como vén sendo habitual, incluirán sesións descontraídas e encontros co público todas as semanas, así como unha representación final inclusiva.
ESTA PEZA DA UNIDADE TEATRAL DA XUNTA REPRESENTARASE NO AUDITORIO MUNICIPAL MANUEL MARÍA ÁS 22,00 HORAS
[31/08/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta de Galicia, estreará a obra 'Serva me, servabo te' (axúdame e axudareiche, en latín) este domingo 5 como espectáculo inaugural do Festival de Teatro Galego Celso Parada, no Carballiño. A creación de Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez representarase ás 22,00 horas no Auditorio Municipal Manuel María, segundo se anunciou hoxe na rolda de prensa de presentación do evento, na que participaron o director do CDG, Fran Núñez, e a directora e actriz Belén Bouzas.
CON ESTE ESPECTÁCULO O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO E A COMPANHIA DE TEATRO DE BRAGA LEVAN Á ESCENA EN COPRODUCIÓN A CONSIDERADA PRIMEIRA DRAMATURXIA ESCRITA EN GALEGO CO GALLO DO SEU 350º ANIVERSARIO
[23/08/2021] A coprodución do Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Xunta, e da Companhia de Teatro de Braga (CTB) 'A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño' chega este venres 27 ao lugar que lle dá nome, a parroquia tudense de Caldelas. O lugar da Ribeira acollerá ás 22,00 h. esta representación histórica da considerada primeira obra teatral escrita en galego, asinada por Gabriel Feixóo de Araúxo e datada en 1671. Así se anunciou hoxe nunha rolda de prensa na que participou o director do CDG, Fran Núñez, xunto ao seu homólogo na CTB, Rui Madeira, a concelleira de Cultura de Tui, Sonsoles Vicente, e o presidente da Fundación Lois Peña Novo, Xosé González Martínez
REPRESENTARASE NO ESPAZO COMPOSTELÁN DO 9 AO 26 DE SETEMBRO
[16/08/2021] O Salón Teatro acolle a partir de mañá os últimos ensaios da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG) 'Serva me, servabo te' (axúdame e axudareite, en latín) para a súa representación neste espazo do 9 ao 26 de setembro. A estrea está prevista para o 5 de setembro no marco do Festival de Teatro Galego (FETEGA) do Carballiño, onde será espectáculo inaugural.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
| 19 |
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes