Novas
A COMPANHIA DE MÚSICA TEATRAL ACTÚA MAÑÁ VENRES ÁS 19.00 HORAS
[27/12/2007] A Mostra de Teatro Infantil de Nadal, organizada polo Centro Dramático Galego, continúa mañá venres 28 no Salón Teatro de Compostela cunha función, ás 19:00 horas, do espectáculo Andakibebé, unha montaxe especialmente dirixida a bebés, que porá en escena a portuguesa Companhia de Música Teatral.
Andakibebé foi creado a partir do CD-libro homónimo pensando nos máis cativos, especialmente bebés acompañados polas súas respectivas familias e nenos menores de nove anos.
A COMPAÑÍA DE GUADALAXARA AMOSA A 3 PALLASOS BUSCANDO UN ESCENARIO PARA A TRAXEDIA DE SHAKESPEARE
[26/12/2007] A Mostra de Teatro Infantil de Nadal, que organizada polo Centro Dramático Galego (CDG) se desenvolve até o vindeiro domingo 30 no Salón Teatro de Santiago, ofrecerá mañá xoves o espectáculo
Casi Romeo y Julieta, a cargo da compañía de Guadalaxara A priori producciones. A obra está dirixida por Marta Torres e conta con Oti Manzano, Jesús Blanco e Gerardo Quintana na interpretación.
QUEDA SUSPENDIDA A FUNCIÓN DO DÍA 26 POR LESIÓN DUN DOS ACTORES
[23/12/2007] O Salón Teatro de Santiago acolle do 27 ao 30 de decembro unha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal, que trala suspensión da función de hoxe 26 de decembro da Compañía Pistacatro debido á lesión dun dos seus actores, queda finalmente composta por catro espectáculos escénicos especialmente dirixidos ao público máis novo. Organizada polo Centro Dramático Galego, esta programación dará comezo, pois, mañá xoves 27 coa actuación do grupo de Guadalaxara A Priori Producciones, que escenificará a peza
Casi Romeo y Julieta. Seguirán nas próximas xornadas as representacións da portuguesa Cía. Musical Teatral coa montaxe para bebés
Andakibebé (día 28) e das compañías galegas Galitoon e Sapristi, que pecharán este festival coas monataxes
Golulá (día 29) e
Ao son das cousas (día 30), respectivamente.
DIRIXIDA A TODOS OS PÚBLICOS, INCLÚE MÚSICA EN DIRECTO, MALABARISMOS E ACROBACIAS
[21/12/2007] O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana (sábado 22 ás 20.30 horas e domingo 23 ás 18.00 horas) a reposición do espectáculo
Kamikaze, a cargo da compañía Pistacatro en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG). Tras o éxito da súa estrea o pasado 14 de xuño neste mesmo espazo compostelán, os sete integrantes da compañía desenvolven unha proposta escénica para todos os públicos, na que conflúen teatro, música en directo e números de malabarismo, acrobacia e ilusionismo.
"MALGRÉ NOUS, NOUS ÉTIONS LÀ" ESCENIFÍCASE XOVES E VENRES
[19/12/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acollerá mañá xoves día 20 e o venres 21, ás 20.30 horas, dúas funcións de
Malgré nous, nous ètions là (A pesar de nós, estabamos alá) , o último espectáculo da Compañía de Paulo Ribeiro que supón o regreso do coreógrafo portugués como bailarín. Ribeiro, ex colaborador do Ballet Gulbenkian e actual director do Teatro Viriato, en Viseu (Protugal), interpreta nesta ocasión xunto a Leonor Keil, un dueto sobre a intimidade e a complicidade da parella, sobre a alegría de vivir permanentemento en compañía.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
| 182 |
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes