AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

CARME PORTACELI DIRIXE ESTE ESPECTÁCULO DE TEATRO COMPROMETIDO E ALTERNATIVO, QUE PODERÁ VERSE EN COMPOSTELA O SÁBADO 19, ÁS 20.30 H, E O DOMINGO 20, ÁS 18.00

A Factoría Escénica Internacional presenta 'El agresor' no Salón Teatro

[18/01/2008] A Factoría Escénica Internacional (FEI) porá en escena esta fin de semana no Salón Teatro de Compostela El agresor, montaxe teatral da que ofrecerá dúas funcións, o sábado 19 ás 20:30 horas e o domingo 20 ás 18:00 horas. Trátase dun espectáculo alternativo, fóra dos círculos convencionais, que conta coa dirección de Carme Portaceli, un dos máis destacados nomes da escena catalá.
O ESPECTÁCULO FOI VISTO ATÉ O MOMENTO POR 10.740 ESPECTADORES

'Noite de Reis' finaliza a súa xira galega con tres funcións en Narón

[15/01/2008] O Auditorio Municipal de Narón acolle esta semana as últimas funcións do espectáculo do CDG Noite de Reis. Ou o que queirades, dirixido por Quico Cadaval. Coas representacións dos días 17, para institutos; e 18 e 19, para o público xeral, remata un exitoso período de exhibición de case tres meses de duración, que rexistrou cheos de público na meirande parte das 23 representacións ofrecidas até o momento. A montaxe, coa que a compañía pública iniciou o seu plan de produción propia para a actual temporada escénica 2007-2008, foi representada en once escenarios galegos ante máis de 10.740 espectadores.
O ESPAZO COMPOSTELÁN CREA O BONO CIDADANÍA, VÁLIDO PARA ASISTIR A CINCO FUNCIÓNS

A compañía Mudances abre a nova programación do Salón Teatro co espectáculo de danza 'Larandland'

Documento anexo[11/01/2008] O Salón Teatro de Santiago inaugura esta fin de semana a súa nova programación semestral co espectáculo de danza contemporánea Larandland, que a compañía catalá Mudances escenificará o sábado 12, ás 20.30 h, e o domingo 13, ás 18.00. Esta é a primeira proposta dunha ampla carteleira que, até o mes de xuño, dá cabida a un total de 56 funcións desenvolvidas por 18 formacións artísticas.
TERÁN LUGAR OS DÍAS 10 E 11 PARA INSTITUTOS E 12 E 13 PARA O PÚBLICO XERAL

O CDG ofrece catro funcións de 'Noite de Reis. Ou o que queirades' no Teatro Rosalía de Castro da Coruña

[08/01/2008] O Teatro Rosalía de Castro da Coruña acolle do 10 ao 13 de xaneiro o espectáculo do Centro Dramático Galego Noite de Reis. Ou o que queirades, obra de William Shakespeare que chega da man de Quico Cadaval, un dos directores máis consagrados do panorama escénico galego. A montaxe, que está a obter un grande éxito de público con cheos na práctica totalidade das funcións ofrecidas, combina un divertido xogo de enredos, contratempos, malentendidos, enganos e desenganos con apaixonantes historias de amor e desamor.

Selección de 1 praza de actor e 2 de actriz para o Centro Dramático Galego: inscrición

[02/01/2008] O Centro Dramático Galego (CDG) convoca unha audición para a selección de 1 praza de actor e 2 de actriz para a súa vindeira produción, o proxecto de escrita residente drama3, dos autores Rubén Ruibal, Jacobo Paz e Vanesa Sotelo, dirixida por Daniel Salgado. A previsión de duración do contrato será de marzo a xullo de 2008.


Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 | 183 | 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal