Novas
TALÍA TEATRO INTERPRETA TEXTOS XURDIDOS DO TALLER "PISTAS PARA UNHA DRAMATURXIA DA ACTUALIDADE"
[07/11/2007] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle mañá xoves 8 de novembro ás 20.30 horas unha sesión de lecturas dramatizadas que, baixo o título
Botóns de mostra, amosará diante do público parte do traballo realizado na primeira edición do curso de escrita teatral Pistas para unha dramaturxia da actualidade, que desenvolveu o Centro de Creación Dramática Contemporánea (CDC) do Centro Dramático Galego (CDG) na pasada temporada 2006-2007.
HABERÁ UN PASE PARA INSTITUTOS O DÍA 8 E OUTRO PARA PÚBLICO XERAL O DÍA 9
[06/11/2007] O Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras acolle esta semana a obra
Noite de Reis. Ou o que queirades, da man dun dos directores máis consagrados do panorama escénico galego, Quico Cadaval, que se enfronta por primeira vez ao repertorio de Shakespeare. A montaxe, coa que o Centro Dramático Galego (CDG) iniciou o seu plan de produción propia para a actual temporada escénica 2007-2008, combina un divertido xogo de enredos, contratempos, malentendidos, enganos e desenganos con apaixonantes historias de amor e desamor.
UN TOTAL DE 12 ALUMNOS ESTUDAN A RELACIÓN ENTRE ESCRITURA ESCÉNICA E NOVAS TECNOLOXÍAS
[05/11/2007] Un total de 12 alumnos participan desde hoxe en Santiago no curso
A escena aumentada: Galiza, un proxecto de investigación, desenvolvemento e innovación que abre a temporada do Centro de Creación Dramática Contemporánea (CDC) do Centro Dramático Galego (CDG). A iniciativa, que pretende estudar a relación da escritura escénica coas linguaxes audiovisuais, é unha experiencia interdisciplinar que intercala instalacións e performance, e busca a relación entre movemento, palabra, vídeo, son e datos dixitais xestionados en escena a tempo real. O CDC funda deste xeito unha liña de investigación e formación escénica inédita até o de agora en Galiza e vencellada ás novas tecnoloxías.
A OBRA DE PAULA CARBALLEIRA, GAÑADORA DO I PREMIO MANUEL MARÍA DE LITERATURA DRAMÁTICA INFANTIL, ESCENIFÍCASE O 2 DE NOVEMBRO ÁS 20.00 HORAS
[30/10/2007] A estrea do espectáculo
Boas Noites, da compañía compostelá
Berrobambán, abre a nova carteleira de programación do Salón Teatro de Santiago cunha única función que terá lugar o vindeiro venres 2 de novembro, ás 20.00 horas. O espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) inicia con esta proposta escénica especialmente dirixida a público infantil o seu último período anual de programación, para o que están previstas até finais de decembro un total de 17 funcións, con especial protagonismo do teatro galego.
O TEATRO PRINCIPAL ACOLLE DÚAS FUNCIÓNS PARA INSTITUTOS (DÍAS 25 E 26) E DÚAS PARA PÚBLICO XERAL (DÍAS 27 E 28)
[23/10/2007] O Teatro Principal de Ourense acolle esta semana a obra
Noite de Reis. Ou o que queirades, da man dun dos directores máis consagrados do panorama escénico galego, Quico Cadaval, que se enfronta por primeira vez ao repertorio de Shakespeare. A montaxe, coa que o Centro Dramático Galego (CDG) iniciou o seu plan de produción propia para a actual temporada escénica 2007-2008, combina un divertido xogo de enredos, contratempos, malentendidos, enganos e desenganos con apaixonantes historias de amor e desamor.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
| 185 |
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
| Seguintes